Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Se aínda somos galegos, é por obra e graza do noso idioma.

Miñas donas meus señores, neste día tan fermoso gustaríame denantes que nada felicitalos a todos, por que hoxe é o día das nosas letras.
De seguro que moitos de vostedes nin se decataron, e é o normal, e queren que lle explique o por qué...
Pois por que este ano a prestixiosa Real Academia Galega, ou mellor dito o seu presidente, don Xesús Alonso Montero, como que se esqueceron un pouco do tema.
Recordan ó Ferrín combativo, que se presentaba en San Caetano, e lle dicía, ó que polo de hoxe é presidente da Xunta da Galiza: ?non sexa agarrado e invirta un pouco na lingua do seu país?. E moito non era o que lle quitaba pero algo, algo sempre caía.

Este ano destaca máis a manifestación ?Non queremos ser extranxeiros na nosa propia patria?, que organiza Queremos Galego, que os propios actos que artella a RAG ou a Xunta da Galiza. E que se nos fixamos, cada ano os actos en honor a nosa lingua, van minguando, e trabállase máis dende os institutos e colexios, tanto públicos como concertados pola dinamización da lingua de noso, que dende a propia RAG ou a Xunta da Galiza.
E non é que toda a culpa a teña a RAG, se non que a institución que goberna a nosa lingua precisa de maior pulo e axuda económica, dende a Xunta e dende a Secretaría Xeral de Política lingüística.

Gustaríame pois sen extenderme moito, reflexionar un pouco sobre o panorama lingüístico do noso idioma no ámbito global.
O galego perde cada ano máis e máis falantes, falantes que na súa maior parte son maiores de sesenta anos, e ó morrer estas persoas descende considerabelmente a porcentaxe de xente que utilizan o noso idioma de xeito maioritario. Non obstante agora entre os novos, quen utiliza máis o galego, non son as persoas de trinta a corenta anos, se non os nosos nenos e rapaces dende que escomezan a falar até que saen da universidade.

E digo eu, por que cando os nosos rapaces abandonan os estudos para entrar no mundo laboral deixan de utilizar a lingua galega? Pois voulle a responder.
As institucións públicas traballan nunha liña que consiste en deixar ben claro que para a economía e os negocios funciona mellor ?el castellano?.

Señores e cidadáns da Galiza, abran os ollos,e pensen cantos fruteiros, avogados, carniceiros, agricultores... fan negocios con Francia, Inglaterra, Alemaña, México..., unha porcentaxe nimia.
Os traballadores maioritariamente tratan con paisanos da nosa terra, e incluso resulta penoso, ver como os pobres señores e señoras que veñen da aldea ou mesmo da cidade, teñen que facer o esforzo de falar en Castelán, por que existe esa fedorenta conciencia de que o galego non serve para solucionar problemas de papeleo, ou de comercio, e que é un idioma para falar na casa ou no xardín canda os compañeiros, pero a ver compañeiros, ?despertade do voso sono?, non vedes que o ?pancastelanismo? é un recurso centralista que se impón dende o estado central, como estratexia para fortaleceren o comercio e a economía central española en detrimento da galega, vasca, andaluza ou catalana.
Fronte a esta aldraxe, os grandes empresarios cataláns, desenvolveron un sistema de empresas propias do seu país que funcionan ferreamente en catalán. Fronte a esto os galegos temos outro punto a prol, a nosa lingua xa non só é útil a nivel nacional, se non que é un idioma útil no ámbito de toda a lusofonía, e serve para comunicarnos con douscentos millóns de persoas.
Aínda así, non podemos venderlle a Lisboa o noso idioma, nin caer no erro do reitegracionismo.
Porén non debemos esquecernos da liberdade para falar o idioma que queiramos, tanto sexa castelán, galego ou portugués, como fillos que son todos dunha mesma nai o latín, e que así deben convivir en irmandade e harmonía, sen pelexarse e sen imporse ningún por riba do outro.

É evidente que a lingua galega é o idioma que utilizamos para transmitir sentimentos, pero a par deso non podemos caer no erro de convertir ó noso idioma nun dialecto que só se fala cos amigos ou coa familia... o galego debe de impalantarse dunha forma normalizada en tódalas institucións públicas e na ensinanza. Transcendendo do preconcepto de inferioridade do que está rodeado o noso idioma, debemos atopar novos ámbitos para a lingua, e sobre todo no ámbito comercial, que é donde un idioma se universaliza con maior facilidade. Ó mesmo tempo os galegos debemos de sentir no corazón o noso idioma, por que as linguas non son cousas, son moito máis, e levar porén cheos de orgullo a nosa lingua como bandeira polo mundo.

Non debemos esquecer o traballo que centos de autores fixeron por dignificar o noso idioma, quen lle clava navalladas ó galego está a clavarllas a Galiza e a nosa identidade, ? Por que se aínda somos galegos, é por obra e graza do noso idioma?.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0