Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vence anuncia a vontade do BNG de conformar unha "gran candidatura que leve a voz de Galiza a Bruxelas.
O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, anunciou que a fronte nacionalista pula por ?conformar unha gran candidatura ás europeas que leve a Galiza a ter voz en Bruxelas e defenda outro modelo de Europa?. Vence realizou estas declaracións no transcurso dunha entrevista na Radio Galega. Anunciou,a preguntas do xornalista, que ?nas vindeiras semanas? manterá contactos con Compromiso por Galicia e, inquerido sobres relacións con Anova, reiterou que o BNG considera que este país ?precisa dunha maioría nacionalista? e que nesa liña ?apostamos por unir todo o posíbel ao nacionalismo? para facer fronte a un escenario de crise económica e recentralización do Estado.

O portavoz nacionalista reiterou que ?queremos conquerir para Galiza unha representación en Europa?,como un paso clave para a defensa dos intereses do país. Aliás, esa representación pularía en Bruxelas por outra Europa diferente á actual.

En clave nacionalista

Vence lembrou que desde o PP se está a impulsar unha serie de políticas centralizadores que teñen consecuencias directas que ?laminan as competencias de comunidades autónomas? e ?iso afecta á calidade de vida?.

En tal escenario, o BNG ten a obriga, considera, de ?falar e explicar as nefastas consecuencias que supón non ter soberanía, non poder decidir nós sobre a política forestal, naval, pesqueira...?. Se algo ten demostrado esta crise, apunta, son as nefastas consecuencias de carecer de soberanía. De aí que é precisa a soberanía, pois non é un simple demanda ideolóxica senón unha ferramenta ?que equivale a axudar a solucionar os problemas desta crise?.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2013 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0