Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Lugo e a sua minicrise.
O mes de febreiro non está a ser venturoso para o Lugo. No penúltimo mes do inverno, ao que aínda lle quedan 9 días, o equipo non sabe o que é gañar. Tres derrotas seguidas, e catro nas últimas cinco xornadas. Parece ter sido golpeado pola adversidade. Lesións, molestias musculares acrecentadas pola non disposición de campos de herba natural para adestrarse, expulsións controvertidas... Todo contribuíu a deixarse recortar parte da vantaxe que acumulara sobre os postos de descenso. O equipo loita contra a fatalidade para regresar a unha situación de normalidade.
Lesións.
Condicionados pola superficie de adestramento. No Lugo mírase ao ceo coma se de agricultores tratar. Espérase o bo tempo, o fin das choivas que lles permita recuperar o maltreito céspede do Ángel Carro e o campo de herba natural da Campiña, pertencente ao presidente, José Bouso. A peregrinación polas superficies sintéticas da Cheda e Cospeito resulta contraproducente para a situación muscular dos xogadores do persoal. Son varios os que se viron afectados de diferentes molestias (hai dúas semanas, Óscar Díaz tiña que parar nun adestramento por unha sobrecarga), e a recuperación dos lesionados vese condicionada. Iván Pérez está descartado para recibir ao Recreativo pola súa rotura muscular; Rubén Durán segue o seu proceso de melloría dos seus problemas de pubes. José Juan, Fran Pérez, Belfortti, Javi Rey , Pablo Álvarez ou Guayre estarán a disposición do técnico, pero todos eles pasaron por diferentes problemas que os limitaron no seu rendemento.
Expulsións.
Tres partidos seguidos cun menos. Desde que subiu a Segunda B , e tamén tras o salto a Segunda A, o Lugo caracterizouse por ser un conxunto limpo. Ou o que é o mesmo, unha escuadra adoitada a recibir faltas, pola súa forma de xogar, e non a cometelas. Non hai violencia nas súas accións, e sempre foi un candidato aos premios ao fair play. E con todo, nas tres últimas xornadas non puido acabar cos once futbolistas os seus partidos. Casualidade ou non, Víctor Marco foi expulsado en Córdoba, ao cortar un contragolpe local xa case ao final, e o equipo perdeu por 1-0. Na seguinte, ante o Sporting no Ángel Carro, o árbitro dixo escoitar como o insultaba Fernando Seoane, e o Lugo quedou sen el para catro partidos, dos que lle restan tres por cumprir. E Pita, antonte, viu dúas amarelas por sendas faltas; unha, bastante discutible, a ollos dos branquivermellos.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2013 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0