.jpg) Cita con frecuencia unha frase: «Os artistas son os que pasan a súa vida ligando pedazos soltos do mundo». Desde onte á noite mostra na sala municipal Palexco da Coruña algúns deses pedazos na exposición Tres puntos non alienados. José Pedro Croft (Porto, 1957) exhibe as súas esculturas de ferro, cristal e espellos, algunhas expostas por primeira vez. E tamén «un debuxo do 2003 que fai ponte co pasado», apuntou o artista, ao inaugurar a exposición. O comisario, David Varro, lembrou que Croft provén da arquitectura, destacou «como rompe coas disciplinas» e cualificou as súas obras como «palíndromos visuais». Barro, que lembrou a vinculación do artista con Galicia desde 1997, é o autor do libro «máis que un catálogo» presentado onte e que recolle, segundo indicou Croft, até un dos seus últimos traballos internacionais que é «unha obra feita en xaneiro en México».
Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato |