Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Convocada unha 'Marea Cidadá' para o 23-F contra o 'golpe de estado financeiro'

A colectivo Marea Ciudadana convocou diversas manifestacións o vindeiro sábado 23 de febreiro para protestar contra o que cualifican de golpe "de estado dos mercados, 32 anos despois do golpe militar" e para esixir "unha verdadeira democracia contra os recortes".
Así se expresaron hoxe nunha rolda de prensa virtual representantes dalgúns dos 143 grupos de protesta que forman parte deste colectivo, como a marea verde da educación, a marea branca de sanidade, varias asembleas do 15-M ou a partidos IU e Equo, entre outros. En total, Marea Ciudadana anunciou 50 manifestacións e concentracións ao longo do país, que coincidirán coas catro marchas convocadas onte en Madrid para esa xornada, ás que tamén se uniron.

Como noutras ocasións, na capital haberá varias cabeceiras, que sairán desde Vallecas, Sol, Embaixadores e Colón, e que confluirán na praza de Cánovas del Castillo, ao redor da fonte de Neptuno. No seu manifesto, que leron diversos representantes das mareas, reclaman deter o "golpe de estado financeiro" e primar os dereitos sociais sobre os intereses das elites económicas. Baixo a lema Non debemos, non pagamos, tamén esixiron acabar coa corrupción e realizar unha auditoría da débeda para eliminar a que consideran "ilexítima", aquela que non supón un beneficio público, como os "rescates aos bancos". Os portavoces definen este movemento como "inclusivo e non violento" e rexeitan o "status quo" da sociedade actual, especialmente nos ámbitos político e económico.


Sara Álvarez González

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2013 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0