Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Quen teme á filosofía? |
|
Diversos colectivos entre os que se encontra a propia Facultade de Filosofía da USC, protestan contra os recortes presupostarios que provocan a supresión de dúas de tres materias obrigatorias que viñan compondo o ciclo completo dos estudos de Filosofía na Educación Secundaria. As protestas van acompañadas dun comunicado conxunto que se reproduce a continuación: "Ante o anteproxecto da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, a Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI), a Aula Castelao de Filosofía e o Grupo Doxa de Filosofía, súmanse ás iniciativas promovidas pola Rede Española de Filosofía (REF) en defensa da Filosofía no Ensino Secundario e consideran necesario informar á opinión pública do seguinte:
1. A LOMCE elimina dúas de tres materias obrigatorias que viñan compondo o ciclo completo dos estudos de Filosofía na Educación Secundaria (a ?Educación Ético-Cívica? de 4º de ESO e a ?Historia da Filosofía? de 2º de Bacharelato), e deixa só unha materia obrigatoria (a ?Filosofía? de 1º de Bacharelato), o que supón unha redución do 66,6% do currículo de Filosofía. É o recorte máis duro e inxustificado que sofren os estudos de Filosofía en toda a historia da democracia española e destrúe o que foi un alicerce básico do sistema educativo español durante o tres últimas décadas.
2. Este recorte entra en contradición cos obxectivos formativos declarados no preámbulo da LOMCE e contradí tamén as recomendacións da UNESCO, que no seu informe A Filosofía, unha escola de liberdade (2007), atribúe á Filosofía un papel formativo fundamental e por iso considera que debe formar parte do currículo básico do alumnado en todos os sistemas educativos do mundo.
3. Os estudos de Filosofía proporcionan ao estudante catro tipos de formación: a) unha formación instrumental no uso rigoroso da linguaxe oral e escrita, e na comprensión de conceptos e problemas, o que lle axuda a mellorar as súas capacidades de razoamento e comunicación; b) unha formación transversal e interdisciplinar, que lle permite conectar os diversos saberes do currículo e desenvolver unha maior capacidade de xuízo para afrontar a complexidade do mundo contemporáneo; c) unha formación histórica básica sobre os grandes sistemas de pensamento que configuraron e seguen a configurar a identidade cultural de Occidente; d) e, por último, unha formación integral que lle axuda a conciliar o coñecemento, a moral e a sensibilidade, e que é imprescindible para a súa maduración persoal e cualificación profesional.
4. Diversos estudos empíricos revelan que o alumnado que cursa estudos de Filosofía obtén mellores resultados académicos nas probas de avaliación de competencias. Así o poñen de manifesto as probas de acceso ao posgrao que se realizan en Estados Unidos (Graduate Record Examinations). E o mesmo sucede na Educación Secundaria: os países que mellor puntuación obteñen no informe PISA (Finlandia, Canadá, Nova Zelandia e Xapón) conceden gran importancia á formación en Filosofía.
5. Por tanto, a supresión desas dúas materias filosóficas suporía frustrar unha formación integral do estudante e minguar a súa capacitación persoal e profesional, e comportaría, en contra do que pretende a mesma LOMCE, unha diminución da calidade do sistema educativo español.
6. Ademais, a súa supresión pode asestar un duro golpe ao exercicio da profesión filosófica en España: causaría un dano enorme ao seu actual profesorado de Ensino Secundario e reduciría notablemente as novas vocacións profesionais en Filosofía, de modo que a medio prazo acabaría producíndose o peche de moitas titulacións e Facultades de Filosofía. Isto suporía unha perda gravísima para a cultura española, para a liberdade de pensamento e para a calidade democrática deste país.
7. Rexeitamos que a Filosofía sexa utilizada unha e outra vez, polos sucesivos Gobernos de España, como un comodín que se estira e se encolle caprichosamente con cada nova reforma educativa; como unha arma arreboladiza na loita ideolóxica entre os partidos políticos; e, no caso da Ética, como unha moeda de cambio susceptible de ser intercambiada polo ensino da Relixión. A Filosofía ten unha longa e sólida tradición académica, independente das diversas ideoloxías políticas e das distintas confesións relixiosas, e constitúe un trazo de identidade imprescindible da cultura occidental.
8. Por todo iso, pedimos ao Sr. Ministro de Educación, Cultura e Deporte que a futura Lei de Educación manteña o tres materias obrigatorias de Filosofía no tres últimos cursos da Educación Secundaria (4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato), de maneira que quede garantido un ciclo formativo completo e coherente en Filosofía, academicamente equiparable ao das outras materias que foron recoñecidas pola LOMCE como troncales de Bacharelato: Lingua, Matemáticas, Historia e Inglés.
9. Por último, manifestamos o noso apoio ao profesorado de Filosofía de Ensino Secundario e ofrecémonos a colaborar coas Asociacións profesionais que integran a Rede Española de Filosofía (REF), en todas as iniciativas destinadas á defensa, renovación e dignificación da educación e a profesión filosófica en Galiza e España."
Isabel Fernández
2ºBach-B |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Viva a filosofía! Recoméndovos que vexades o vídeo orixinado por unha iniciativa docente titulado GRACIAS GRECIA que ten conmocionada á cidadanía helénica.
<#blgtk08#br />
A tese principal é o profundo agradecemento que debemos ter a Grecia polo legado do seu pensamento que abrange todo pero agora non nos queren deixar pensar. |
|
|
Comentario por The master and co (17-02-2013 21:42) |
|
|
2 |
Parece que intentando quitar a Filosofía intentar arrebatarnos a capacidade de pensar, de aprender a pensar. Parece que os que queren quitar esta magnífica asignatura non reparan no ben que fai a mesma na xente, coa Filosofía apréndese historia, curiosidades, maneiras de pensar, culturas, e todo iso SÍ QUE SERVE PARA ALGO, pode axudar a formar ou sustentar a #blgtk08#opinión ou coñecemento que temos sobre algo. A educación e a madurez tamén son mentais, e o saber entender diversos coñecementos, saber formulalos e sintetizalos por un mesmo, é o fin da educación en si, ¿non? APRENDER, e a filosofía pode axudar niso. O legado cultural e intelectual da Antiga Grecia e do ser humano en xeral é inmenso, e merece ser perdurado. |
|
|
Comentario por A.S. (19-02-2013 19:46) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|