Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
?Chamamento polo galego? os galegos queremos solucionar nós, os problemas da nosa lingua. |
|
O manifesto presentado este mércores, de carácter cidadán, solicita que o Goberno nacional galego non presente o recurso perante o Tribunal Supremo, contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o decreto do plurilingüismo.
Un grupo de cinco persoas; Henrique Monteagudo, académico e profesor ademais de militante no partido galeguista Compromiso por Galicia; Valentina Formoso, profesora; Marilar Aleixandre, escritora e profesora; Mariló Candedo, pedagoda e profesora, e Alba Nogueira, profesora e xurista, presentaron en Santiago un ?Chamamento cidadán polo galego? mediante o que se lle pide á Xunta que non leve o conflito da noso idioma fóra de Galicia. De xeito concreto, a plataforma solicita que o Goberno autonómico non presente o recurso, perante o Tribunal Supremo, contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o decreto do plurilingüismo.
No fallo xudicial, o TSXG considerou contrarios a dereito os artigos 5.2 e 12.3, que sinalan que a lingua materna predominante do alumnado será determinada de acordo co resultado dunha pregunta que se lles fará ós pais e que os alumnos poderán usar o idioma da súa preferencia nas comunicacións oral e escrita.
As persoas que presentaron o chamamento na Galería Sargadelos de Compostela, insistiron en que se trarta dunha iniciativa cidadá, plural, na que conflúen diferentes sectores e sensibilidades, especialmente representadas dende os mundos xurídico e do ensino e que engadiron, conta con adhesións de diversos políticos.
O obxectivo central desta iniciativa, que xa está aberta ás adhesións a través dun espazo web e que xa conta con preto de 200 apoios, é a retirada do recurso por parte da Xunta, e os promotores expresaron a súa convición de que a presión cidadá pode obrigar ó Goberno autónomo á reconsideración da súa postura. Indicaron que xa lle solicitaron unha entrevista ó presidente, Alberte Núñez Feijóo, e pretenden presentarlle as adhesións conseguidas.
Os promotores do chamamento consideran escandaloso que se pretenda levar fóra de Galicia o asunto da lingua, xa que segundo eles isto implica unha ladrase ó idioma, un desprezo ás nosas institucións e unha descualificación da propia autonomía. Aseguran que isto é un tema de Galicia que hai que resolver en Galicia e salientan que esta pode ser unha boa ocasión para abandonar unha liña xudicial que vai prexudicar máis ao galego e para intentar remediar este clima de fracaso e rebaixar a crispación con xestos, para conseguir un tempo novo buscando consenso e colaboración en lugar de conflito. "Non presentar ese recurso pode ser xa un xesto", dixo Henrique Monteagudo.
O manifesto, que se reproduce abaixo, di que a sentenza do TSXG sobre o decreto do plurilingüísmo debe ser acatada pola Xunta. Considera incomprensible a oferta do Executivo, que condiciona a non presentación -ou no seu caso a retirada- do dito recurso a que ?os recorrentes e a oposición? acepten a proposta formulada polo presidente da Xunta, segundo a cal, estes deben dar o seu aval ao devandito decreto do plurilingüismo, unha vez depurado dos aspectos que o TSXG estima contrarios á legalidade.
"É incomprensible que o Presidente da Xunta pretenda condicionar unha rectificación imposta xuridicamente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a que as partes interesadas dean o seu respaldo a un decreto desaxeitado, que xa foi descualificado polas devanditas institucións así como pola maioría dos expertos e da comunidade educativa."
Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Podes asinar este manifesto pinchando no texto de abaixo:
MANIFESTO
A XUNTA DEBE ACATAR A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA
A Consellería de Educación da Xunta de Galicia acaba de anunciar os trámites previos á presentación dun recurso de casación diante do Tribunal Supremo contra as sentenzas ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o decreto do plurilingüismo aprobado pola Xunta en 2010. Na nota oficial en que dá conta deste desacerto, a Consellería afirma que condiciona a non presentación -ou no seu caso a retirada- do dito recurso a que ?os recorrentes e a oposición? acepten a proposta formulada polo presidente da Xunta, segundo a cal, estes deben dar o seu aval ao devandito decreto do plurilingüismo, unha vez depurado dos aspectos que o TSXG estima contrarios á legalidade.
Resulta lamentable que o goberno e o Partido Popular non tirasen as conclusións derivadas das sentenzas do TSXG, en tanto que estas desautorizan aspectos básicos dun decreto no seu día aprobado pola Xunta a pesar dos informes negativos do Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Consello Escolar e o Consello Consultivo. Agora, no canto de aproveitaren a ocasión para reconducir unha liña de deslexitimación, desoficialización e desprestixio do idioma do país (e de paso, da propia autonomía e as súas institucións), o Partido Popular e o goberno de Feijoo teiman en botar máis leña ao lume.
É incomprensible que o Presidente da Xunta pretenda condicionar unha rectificación imposta xuridicamente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a que as partes interesadas dean o seu respaldo a un decreto desaxeitado, que xa foi descualificado polas devanditas institucións así como pola maioría dos expertos e da comunidade educativa, ademais de contestado masivamente pola cidadanía. Pero o que provoca escándalo é que o goberno do Partido Popular, escudándose nos resultados electorais (como se estes validasen calquera decisión) e nunha adaxe xurídica (que o recurso ao Tribunal Supremo pecha a vía xurisdicional) pretenda que un tribunal alleo a Galicia dea a última palabra nunha materia xa xulgada polo TSXG e que o Estatuto de Autonomía de Galicia reserva como competencia exclusiva á nosa autonomía (art. 27, 20 do EAG). ¿Acaso o goberno pretende pasar unha outra lexislatura enredando en leas que só deitan máis prexuizos para o galego no canto de exercer as competencias que o obrigan en materia de defensa e promoción do idioma galego?
O que lle corresponde á Xunta é seguir as recomendacións do propio TSXG verbo do cumprimento das previsións de avaliación da competencia lingüística do estudantado, adaptando a presenza das linguas á obriga de garantiren igual competencia das dúas linguas oficiais. O que ao idioma galego lle cómpre son políticas activas de apoio e promoción no ensino e nos demais ámbitos, políticas que deben fundarse nun amplo consenso político e social, como o plasmado no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado polo Parlamento de Galicia en 2004. Este mesmo Parlamento pode ser un lugar apropiado para fraguar as bases para tal consenso, non o Tribunal Supremo con sede en Madrid.
O que Galicia precisa é un Presidente e un goberno que confíen nas nosas propias institucións, que crean no autogoberno e que miren por riba de todo polos nosos intereses colectivos. Alberto Núñez Feijoo debe renunciar de vez a continuar cun obsceno xogo partidista -ou peor aínda, personalista- a custa do noso idioma e da nosa dignidade. A Xunta de Galicia cometería unha infamia arrastrando o idioma galego ao Tribunal Supremo. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Imprescindibel manifesto de sintaxe pouco núbil pero igualmente vál#blgtk08#ida para que comprobedes cal é o estado de deshamonía lingüística. |
|
|
Comentario por The master and co (17-02-2013 21:35) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|