Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

David Cal e Suso Morlán rumbo a terra dourada do Brasil.
David Cal, o deportista galego con máis medallas olímpicas, está a un paso de facer as maletas para irse a Brasil. A decisión da Federación Española de Piragüismo de recortar o soldo do seu adestrador, Jesús Morlán, foi a pinga que colmou o vaso, e o técnico pontevedrés está disposto a aceptar a oferta que lle expuxo o Comité Olímpico de Brasil para dirixir ao seu equipo estatal de canoa levándose con el ao padeeiro cangués.
Durante os Xogos de Londres, a delegación brasileira xa mostrou o seu interese por contar co técnico pontevedrés. Pero entón, tanto Morlán como Cal decidiron tomarse un tempo para decidir.
A finais de ano, ambos anunciaron a súa intención de continuar ata os Xogos de Río de Xaneiro, aínda que coa condición de que contasen cos mesmos medios. «Non pedimos nin un euro máis, só que non nos tocasen o que tiñamos», aseguraron entón. E os máximos responsables do deporte español celebraron a decisión, destacando a importancia de coidar con David Cal.
Con todo, pouco despois Morlán coñeceu a intención da federación de recortar o seu soldo ao redor dun 17 %, debido a redución orzamentaria sufrida por este organismo que anteriormente xa lle aplicou unha tesoirada do 14 %. E todo iso despois de que o propio David Cal recibise o importe da súa bolsa con sete meses de atraso.
Pouco despois, a federación brasileira volveu contactar co técnico pontevedrés, que viaxou a San Paulo para coñecer en detalle a oferta. Morlán quedou impresionado co proxecto deportivo e coas instalacións nas que traballaría, tanto en Sao Paulo como en Río de Janeiro. Pero desde o primeiro momento impuxo a súa condición fundamental: poder seguir adestrando a Cal. «Sen David non hai oferta», avisou. A proposta non supuxo ningún inconveniente. O comité brasileiro aceptou inmediatamente.
Ao volver a España, Morlán falou co padexeiro, que se mostrou disposto a acompañarlle. O técnico comunicou entón ao presidente da federación española a súa decisión, ao que Juan José Román Mangas apenas mostrou oposición. Non en balde, a renuncia de Morlán suporía un aforro para as arcas federativas.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2013 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0