Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha neozelandesa morre pola súa adición á Coca-Cola.
Inxería ata dez litros diarios desta bebida, o que lle causou unha disfunción no ritmo cardíaco.
Unha muller en Nova Zelandia morreu por mor da súa adición á Coca-Cola, segundo ditaminou un xuíz. De acordo coa súa familia, a muller, que no 2010 cando faleceu tiña 30 anos, bebía ata dez litros diarios desta bebida gasosa. Hai tres anos, morreu por unha disfunción no ritmo cardíaco. Nos países anglosaxóns é común que sexa o xuíz o que estableza a causa da morte. E o seu ditame realízase tras consultar a varios expertos. De acordo co maxistrado, a moza non morrese de non ter bebido tanta Coca-Cola. A nai de oito fillos tiña ademais varios problemas de saúde. ?Estamos contentos de que todo termine?, dixo o viúvo nun vídeo que foi publicado no portal de noticias stuff.co.nz ?Finalmente temos unha resposta?, agregou.
Os medios do país austral indican que Coca-Cola criticou a sentenza e que un perito contratado pola empresa cuestionou o ditame de que esta bebida causase a morte á muller. ?A seguridade dos nosos produtos é para nós de máxima importancia?, citan os medios ao portavoz da multinacional. Tamén recalcan que esta bebida non provoca adición, xa que aseguran que os aditivos que esta bebida pode chegar a conter non son suficientes para poderle crear una adición a una persoa adulta. Tras reafirmarse nestes datos insisten en que a norte non foi debida a inxesta de ese produto, por moito que as probas o determinen.

Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2013 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0