Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Queren vivir no Courel!
O Apalpador -personaxes que a noite de Reyes deixa agasallos tras ter tocado a barriga dos nenos para comprobar que coman ben- tivo bastante traballo este ano en Froxán, unha parroquia de Folgoso do Courel. Aínda que hai xa seis anos que volveu deixarse caer pola aldea, xusto cando Toño -que naceu na Pendella- e Susana -cuxa nai é da Campa- regresaron desde Barberá do Vallés (Barcelona) co seu fillo maior para quedar, o pasado Nadal foron bastante máis atarefadas. Porque ademais das barrigas dos fillos doutra parella de Tarragona que se asentou aí no verán, tivo que «apalpar» con coidado o pequeno ventre de Clara. A pequena, nacida o pasado 23 de novembro, é o primeiro bebé que vén ao mundo en Froxán en 28 anos. Con ela chegou tamén a esperanza para un concello no que o 40 % dos seus habitantes teñen máis de 65 anos. «Ogallá que o nacemento dalguén aquí na montaña non fora noticia», explica Susana.

O que lle gustaría a ela e ao seu marido Toño é que a súa pequena puidese crecer en Froxán. Pero non é fácil criar a un bebé dun mes nunha aldea do Courel porque, para ter os mesmos servizos que outros teñen á beira de casa nas cabeceiras de comarca, eles teñen que percorrer quilómetros por estradas de montaña. «Cando viñemos para aquí o cambio foi abismal, viñamos dunha zona industrial, pero queriamos criar aos nosos fillos no Courel e viñemos para quedarnos. Primeiro mercamos unha casa, restaurámola e agora temos unha casa de turismo rural, Casa da Eira», explica Susana.

Mentres fala óese o ruído da auga do río Lor que cae entre os guijarros ou se ve aos gatos pasear entre os tellados de aquí cara alá.

E Toño, que está sentado ao seu lado, di que as Administracións falan de manter a poboación no rural, pero non fan ningún esforzo para logralo. «Queren que isto non quede despoboado, pero non hai facilidades para poder quedar aquí. Pagamos os mesmos impostos que calquera galego e non temos os mesmos servizos. Os fondos europeos que viñeron para aquí foron todos para plantar pinos, pero nada para manter profesores ou asentar poboación», explica. Ademais pregúntanse como habendo os mesmos quilómetros desde Froxán a Quiroga que a Monforte, á pequena Clara déronlle pediatra no primeiro concello, «onde o pediatra unicamente vai dúas veces á semana, mentres que en Monforte está tódolos días», dice el padre.

Pero esta familia non só vive pendente de que a súa filla teña cercar un especialista, tamén han de estar pendentes do que ocorre no centro escolar de Seoane do Courel. Cada principio de curso enfróntanse á mesma incógnita: ¿haberá profesores, reagruparán aos alumnos para outro centro, quitarán a ESO? Queren vivir no Courel, pero todo depende de que os seus fillos teñan o mínimo imprescindible alí. «No caso de non ter servizos -conclúen- teremos que ir a onde os hai».

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2013 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Entrañábel noticia. Todos quereriamos v#blgtk08#ivir no Courel,con Apalpador e sen el.
Comentario por The master and co (17-02-2013 22:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0