Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Antonio Pagudo: ''Son moi fan de Galicia e as súas xentes, vou cada verán polas Rías Baixas''
O actor Antonio Pagudo, un dos rostros máis populares da serie La que se avecina charlou este mediodía cos lectores. O sábado 16 visita Lugo (20.30 h., Auditorio Gustavo Freire) para representar Brokers, unha obra cargada de humor e protagonizada por catro quenllas dos negocios que perseguen o éxito na era do furor consumista.

Alberto. ¿Atopaches sobre as táboas a alguén co afán de luxo e diñeiro que hai sobre o parqué?
- Non, xeralmente sobre as táboas poucos actores buscan luxo e o diñeiro, é máis gratificante a proximidade e recoñecemento do público. ¡Nisto os Yllana son millonarios!

Luis. ¿Fóra do teatro, cres que servirías para 'broker'?
- Si, ¡sen ningunha dúbida! ¡A pesar da tensión seguro que é unha vida moi divertida!

Alfredo. ¿Axuda que as representacións teñan actores coñecidos polo seu traballo na televisión para atraer público aos teatros? ¿A fama televisiva creouche problemas?
- Yllana ten xa o seu público fiel logo de 20 anos sobre as táboas; pero seguro que algún fan de LQSA tamén veremos no público. Nunca tiven ningún problema cun fan, trátanme con moito agarimo.

Cristina. Ola, Antonio. Pregunta rápida. Se non foses actor, ¿que serías? ¿Gustaríache telo intentado como broker? Un saúdo dunha fan, ¡guapo!
- ¡Ola Cristina! Se non fose actor gustaríame estar detrás da cámara, equipo técnico sen dúbida.

José. Ola. Chámome José e gustaríame saber se os da serie 'La que se avecina' non vos cansades de vervos na tele. ¡Saídes seguido, macho! ¿Cres que nos acabaredes cansando con tanta repetición? (a crítica é para os programadores, non para ti)
- Pois estou de acordo, non sei como afectará isto das repeticións, aínda que algúns basean o recente éxito da serie nestas repetidas emisións.

Lola. ¡Ei! Chámome Lola, ¡coma a túa muller en 'LQSA'! ¡Encantádesme os dous na serie! Gustaríame saber se fixeches cine, en que películas participaches e onde máis (á parte de no teatro :)) te podemos ver, aínda que se trate de traballos pasados. ¡¡Un saúdo!!
- Aínda que non é moi extenso tes as miñas aparicións na gran pantalle en IMDB. Hai unha curta á que teño especial agarimo, 'Mi tío Paco'.

Sandra. ¿O edificio onde vives é tranquilo ou tes que soportar ese pesadelo tamén na casa? ¿Algunha vez tiveches un veciño insoportable?
- Sempre tiven moi boa sorte cos veciños, vivín en comunidades similares a Montepinar ata fai ben pouco e ningún problema ata a data.

Alejandro. Son da Coruña e gustaríame saber se visitaredes máis cidades galegas coa obra, aparte de Lugo.
- Pois acabamos de estar en Ferrol e Cangas. Pero a Galicia imos cada ano con Yllana. Adoito publicar en @pagudo -a súa conta de Twiiter- a xira.

Rafika. ¿Fixeche algunha vez algo amoral por cartos?
- Non, ¡son igual de bo que Javi! ;)

Tamia. ¿Quen é peor: os políticos ou os brokers?
- Os políticos, os políticos.

Ana. Antonio, ¿queres casar comigo? (son clara e concisa)
-JAJAJAJA, consúltoo coa miña muller e dígoche algo.

Linus. ¿Como se prepara un papel de broker? ¿Coñeceche algún en persoa?
- Pues durante el proceso de creación fuimos toda la cía. Yllana a la Bolsa de Madrid. ¡Y durante estos años han pasado muchos brokers por el teatro a vernos y siempre se lo pasan bien!

Salva. ¿Que coñeces de Galicia? Gustaríanos verte máis por aquí. Un abrazo

- Son moi fan de Galicia e a súa xente, vou cada verán polas Rías Baixas, moi preto de Sanxenxo.

Beatriz Molina, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-02-2013 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0