Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A herdanza faraónica do Fraguismo, comecartos dos galegos. |
|
Cando se cumpren pouco máis de dous anos desde a súa inauguración, a Cidade da Cultura erixida nas proximidades do centro histórico de Santiago de Compostela segue xerando, cando menos, diferenzas de criterio na oposición galega, mentres que desde o Goberno autonómico se ve con máis optimismo.
Uns e outros foron consultados por Efe neste aniversario. O 11 de xaneiro do ano 2011 abríase oficialmente a Cidade da Cultura. Aquel día, os Príncipes de Asturias inauguraron os dous primeiros edificios do complexo: a Biblioteca e o Arquivo.
As instalacións quedaban xa abertas ao público en xeral sen estar concluídas totalmente, xa que dos seis edificios ideados inicialmente polo arquitecto neoiorkino Peter Eisenman quedaban aínda por abrir catro, e, na actualidade, dous son os paralizados, o Teatro da Música e o Centro de Novas Tecnoloxías.
Desde o seu nacemento, o proxecto impulsado por un ex presidente da Xunta de Galicia, o falecido Manuel Fraga, xerou distintas polémicas entre formacións políticas, en parte pola cantidade de diñeiro investida nesta "paisaxe arquitectónica serena, estimulante e renovadora", como a definiu o Príncipe Felipe durante a súa intervención no acto de apertura.
Desde o Goberno galego, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, afirmou a Efe que o investido ata o momento "non chega aos 300" millóns.
"Máis preto dos 400 que dos 300 (millóns)", con todo dixo a Efe o deputado autonómico de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Xabier Ron.
"Contas opacas", "capricho en época de vacas gordas" ou "monumentalismo construtivo", foron algúns dos cualificativos que lle dedicou este parlamentario. "Un proxecto que nunca debeu de existir", segundo el, ou como pensa a deputada do BNG Ana Pontón: "un fracaso palpable e notable do PP, que ten a autoría e responsabilidade destes edificios".
Tamén crítico se mostrou o deputado socialista galego e ex ministro de Xustiza Francisco Caamaño, que cualificou á Cidade da Cultura como "un soño máis propio dos deuses que da realidade", e "un problema" de xestión para o Goberno que teña que herdalo.
Ben distinto opina o deputado do PPdeG Agustín Baamonde, que na Cámara galega acusou a PSdeG e BNG de esquecerse de que estiveron á fronte do goberno bipartito e que "eles son corresponsables deste problema" como se empeñan en definilo.
Moi ao contrario, o veterano parlamentario dixo que, entre os dous posicionamentos que existen, "eliminar a Cidade da Cultura, ou potenciala e rendibilizala", a súa formación aposta pola segunda.
No entanto, se controversia espertou o investimento económico non levantaron menos discrepancia os contidos con que encher o extraordinario complexo cultural, e tampouco se nalgún momento futuro poderá chegar a ser rendible.
O ex conselleiro de Cultura do Goberno galego Roberto Varela, hoxe embaixador de España en Uruguai, recoñeceu no seu momento que a Cidade da Cultura naceu con polémica, aínda que sostivo que é o que ocorre con todos os grandes proxectos arquitectónicos e citou o Guggenheim de Bilbao, a Ópera de Sidney ou o Lincoln Center de Nova York.
Para ben ou para mal, o certo é que o complexo cultural galego segue sendo utilizado como arma arreboladiza entre os partidos políticos e deste conflito botaron man ata os bufóns.
O ocurrente e polémico Leo Bassi ofrecía hai escasos meses viaxes en autobús turístico ata a Cidade da Cultura, símbolo "da corrupción, o malgasto e a hipocrisía dos políticos", baixo o seu criterio.
Desde a Xunta o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, cre que dous anos é pouco tempo para que o proxecto estea apontoado, pero asegurou a Efe que neste período cambiaron moitas cousas e confía en que o complexo do monte Gaiás estea "moi consolidado" como proxecto arquitectónico e cultural en 2018.
Consciente de que corren tempos difíciles, Lorenzo indicou que cando cambie o ciclo económico o Goberno que estea nese momento terá que adoptar unha decisión. Mentres tanto, recoñece: "a nosa intención é non gastar máis en ladrillo, senón o que temos mantelo nas mellores condicións posibles e con contidos interesantes e de calidade".
Desde unha visión máis técnica, algúns arquitectos apuntaron a Efe a posibilidade de convocar un concurso de ideas como solución á actual obra inacabada, como é o caso do profesor na Escola de Arquitectura da Coruña Pablo Tomé.
Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Bo artigo, contra o dispendio da cultua faraónica, o saber da nosa antigas sociedade agrícola sed#blgtk08#entaria e emigrante. Só gastaremos o imprescindíbel, o superfluo é falta de educación e soberbia. |
|
|
Comentario por The master and co (17-02-2013 22:40) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|