Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O papa, sen forzas, renuncia.
Benedicto XVI deixará de ser papa o vindeiro 28 do mes en curso, por faltas de forzas.

O actual pontífice fora elexido o 19 de abril de 2005 e o abandono do seu cargo, é un acontecemento histórico, que conta con contados antecedentes. Ratzinger é o quinto papa en renunciaren o seu posto, na historia existiron 265 papas que ocuparon o seu cargo en máis de 2.000 anos de historia. O derradeiro en tomar a mesma decisión que Benedicto XVI foi Gregorio XII fai 598 anos, que renunciou a favor da paz da Igrexa, dividida en tres grandes grupos tralo seu nomeamento, no medio do Gran Cisma de Occidente.
A decisión de renuncia foi tomada polo pontífice fai ?moitos meses?, despois de realizar a longa viaxe en marzo de 2012, por México e Cuba.
Joseph Ratzinger de 85 anos ten una feble saúde. No ano 2001 sufriu un ictus, padece complicacións cardiovasculares polo que tiveron que implantarlle un marcapasos, amais de padecer hipertensión, porén está obrigado a seguir un réxime riguroso. Ademais presenta perda de visión do ollo dereito, e unha avanzada artrose na cadeira dereita, que lle imposibilita a súa movilidade independente.
Todos estes problemas e a súa avanzada idade, fixeron que nos derradeiros meses se vira na obriga de diminuiren os seus compromisos públicos, as súas viaxes e audiencias.
Estos factores aínda que non foron decisivos, si que axudaron na toma de decisión do pontífice, collendo por sorpresa ós seus colaboradores directos, e a Relixión Católica en xeneral.
O portavoz do Vaticano afirmou que Joseph Ratzinger trasladarase a residencia de Castel Gandolfo, ó comenzo do proceso de Sede Vacante que acontece dende a renuncia do actual pontífice até que se escolla un sucesor. Unha vez feita a escolla do novo Sumo Pontífice, retirarase a un mosteiro de clausura dentro do Estado do Vaticano, para orar, estudar e escribir.
O conclave para escoller o novo sucesor celebrarase o vindeiro mes de marzo, e nel participarán 120 cardeais do Colexio Cardealicio Vaticano, que debaterán e escollerán na Capilla Sixtina, sós, e sen ter coñecemento do que acontece no exterior.
A hora da escolla do novo papa, so poderán votar os cardenais con menos de 80 anos. Cada cardeal validado votará escribindo na súa papeleta o nome electo, que pregará dúas veces e entregará posteriormente ó decano. Aínda que non é indispensabel, normalmente o selecto sae dun dos compoñentes deste Colexio Cardealicio. A primeira votación que se realiza chámase ?de tenteo?,alén de realizarense catro votacións diarias, dúas pola mañá e dúas pola tarde. O resultado mostrarase ó final de cada quenda coa clásica fumata, ou fume que sae pola cheminea, que será negra no caso de non chegar a ninguha inferencia, e branca cando se decide quen será o novo Santo Padre.
Moito se fala a sopor de quen será o novo pontífice e a súa procedencia. Os nomes que máis se citan, son os do italiano Scola arzobispo de Milán ou o Canadiense Oullet.
A realidade é que a cadeira pontificia estivo ocupada por un ?forasteiro? dende o ano 1978, cando foi elexido Xoán Pablo II. O mandato deste foi até a súa morte no ano 2005, e a el seguiríao, o actual papa alemán. Por este motivo, son moitos estudosos os que afirman, que é probabel que o vindeiro papa sexa de procedencia italiana, de xeito que a moi católica Italia, non perda poder. A súa vez, moitos defenden que é o momento dun papa latinoamericano ou africano. Pero o verdadeiramente importante, é que o sucesor de Benedicto XVI, sexa un papa capaz de entender e afrontar o que o mundo está a precisar. O considerabel non é a cor da súa pel, nin a súa nacionalidade, o verdadeiramente considerabel é que comprenda e axude a comprender, o mundo no que vivimos.
Actualmente a Igrexa atópase nun momento convulso, no que o Islamismo avanza en Asia e África, os evanxélicos en América Latina considerada reserva espiritual do catolicismo, namentres a cristiá Europa se seculariza. Alén de, o novo papa atoparase cun mundo en profunda recesión económica e política, e no medio dela Europa, por non falar da ebulición do continente asiático.
O mundo está nunha profunda transformación, e coa súa destemida decisión Benedicto XVI lánzanos unha achega, unha mensaxe, coa que nos dí, que chegou o momento de elexiren novamente o sucesor de Pedro, nestes momentos tan importantes para a fe e para a humanidade.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 13-02-2013 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0