Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Comeza o VI Festival Internacional de Música de Ourense. |
|
Do 14 ó 24 de febreiro de 2013, celebrarase o Festival Internacional de Música, Pórtico do Paraíso.
A vila ourensá acolle outro ano mais este compendio de concertos, do que serán protagonistas, grupos e solistas de excelente calidade.
Dende o seu nacemento aló polo ano 2008, este festival foi percorrendo os monumentos mais sobranceiros da cidade de Ourense como salas de concertos, entre os que destacan a Catedral de San Martiño, o Teatro Principal, a Igrexa de Santa Eufemia ou Igrexa de Santa María Nai.
A Catedral de San Martiño vai a acoller o concerto inaugural este venres 15, por The Harp Consort dirixido por Andrew Lawrence-King. Xunto cunha serie de diferenzas e cancións españolas dos séculos XVI e XVII, interpretarán Oratorio Sacro al Nacimiento de Christo Señor Nuestro. Este é o primeiro oratorio español, escrito en 1704 por Pedro Martínez Orgambide, o cal foi tocado por derradeira vez en 1729.
A recuperación deste traballo é o resultado dun proxecto no que traballaron a Universidade de Australia Occidental e a Universidade de Trindade e Tobago.
O domingo 17, Lawrence-King vai a tocar na igrexa de Santa María Nai, un concerto feito enteiramente de música española do mesmo período.
O martes 19, a igrexa de San Breixo en Seixalbo proporcionará o ambiente ideal para o asturiano Eloquentia dúo, que nos adentrará na música dos séculos XIII e XIV. Par o limitado aforo do templo, o concerto será repetido en Santa María Nai.
A segunda fin de semana do festival, comeza no Teatro Principal cun recital de canto da soprano Laura Alonso Padín e o pianista Lorenzo de los Santos.
O último concerto do festival será presentado polo Trío medieval, formado por tres cantantes norueguesas, xunto coa música antiga adicada ós países de Inglaterra, Francia e Italia. O concerto terá lugar na Igrexa de Santiago das Caldas.
Como de costume, no Pórtico do Paraíso dsenvolveranse unha serie de actividades paralelas, cunha conferencia no Liceo a sopor do mestre Vide, a cargo do especialista na súa vida e obra, Javier Jurado, e un encontro de Alonso y De los los Santos no Conservatorio con alumnos deste.
Un novo festival ourensán, que nos permite a tódolos cidadáns da vila auriense desfrutar, dun circuito internacional de música clásica.
Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|