Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alerta laranxa por un temporal que afectará ao litoral galego. |
|
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior alertou dun temporal de mar de nivel laranxa que afectará, a partir do domingo, ao litoral galego. En concreto, segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 12.00 horas do domingo espera na costa lucense e no noroeste e oeste da provincia de A Coruña vento en mar do oeste que acadará forza 8, mar de vento groso ou moi groso e mar de fondo, con ondas de ata cinco metros. Ao longo da tarde a partir das 15.00 horas, o temporal estenderase ao resto do litoral da Comunidade Autónoma, e perdurará durante o luns. Co fin de garantir a seguridade de bens e persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, informou da situación aos concellos afectados, ás deputacións, servizos provinciais e asociacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos Clubs Náuticos, entre outros organismos.
Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|