Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novo tropezo. |
|
O Clube Deportivo Lugo rozou a épica. Refíxose a todos os imprevistos posibeis: un tanto no minuto tres, a lesión de Iván Pérez e a expulsión de Seoane, todo na primeira metade. E plantoulle batalla a un Sporting que sentiu os seus medos clasificatorios e gañou grazas a un erro defensivo, cando os lucenses estaban lanzados e empataran.
Unha derrota que, a pesar de todo, remarca o espírito indomable do Lugo. A súa capacidade competitiva para refacerse ante un conxunto asturiano que saíu a por todas e adiantouse nunha xogada de saque de banda. O balón botado por Luis Hernández e prolongado na área caeu aos pés de Guerrero para facer o 0-1. Era o minuto 3. Pero os lucenses non se renderon, e aos poucos tomaron o mando, aínda que lles faltou o último remate.
O árbitro tamén tomaría protagonismo, pois expulsaría a Seoane, deixando aos branquivermellos cun menos no minuto 39. A súa actuación foi moi protestada desde a bancada local (o Ángel Carro estaba cheo), que pediu case ao final do partido un penalti por mans dun defensor visitante.
O Lugo foise a por todas na segunda parte. Puxo o medo na zaga sportinguista. Primeiro Pablo Álvarez, e despois, co empate. Manu colgou unha falta e Óscar Díaz a esmachou de cabeza. Xogábase en campo do Sporting, e parecía máis factible o 2-1, ata que, nun erro da zaga, Trejo establecía o definitivo 1-2, no minuto 74. Resultado inxusto para o cadro de Setién, que segue na súa loita por manterse nesta Liga Adiante.
Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|