Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Corrupción.
Primeiro quero dicir que nin cobro 3000? artigo cun sobrenome de muller nin recibo sobres de ninguén , son só un adolescente de 16 anos que ve as novas e pensa :por que hai tanta corrupción?
Xa sei que este tema é un tema que esta ó día que aborrece ata a saciedade ,pero aínda así eu quero dar a miña opinión .Todos sabemos que a corrupción é o uso de poderes políticos para actos delinquivos .Non tódolos políticos o fan ,ou eso agardo ,pero os que si o fan ,teñen tal escala que é moi difícil pensar que non estén todos metidos; cada día aparecen máis e máis casos de corrupción política pero ,nin moito menos isto é algo que non ocurrise xa varias veces ao longo da historia ,na Idade Antiga ,na Idade Media, no Renacento ou mesmo antes desta crise.
A crise ,a causante de tódalas penurias? ,pero que fixo que esta se agravase ? Na miña opinión :a corrupción en tódalas súas formas: enchufismo, desvío de fondos , contabilidades B e un longuísimo etc .Niso os nosos políticos saben moito ,volvo repetir hai políticos honrados(a cuestión é onde) ,pero non é só na nosa terra onde hai corrupción, esta aparece en tódolos lados pero noutros lugares é máis fácil de ver e de penar .E iso lévame o seguinte punto:por que hai corrupción?
A resposta non é nin moito menos fácil en parte quizais sexa pola natureza humana ,como fai pouco escoitei :é moi fácil falar pero ,se che dan 10000? por adxudicarlle algún terreo a alguén ou por enchufar a un familiar?.A resposta é vosa . O ser humano tenta conseguir sempre por instinto a mellor posición social para garantirse a mellor supervivencia.
Tamén inflúe, na miña opinión, a nosa sociedade , acarreamos algunas cousas do pasado que xa non son necesarias , e que, aínda peor ,entorpecen o progreso da nosa sociedade, por exemplo que ata o máis chapuzas cobren negro ,que se se pode contratar a un inmigrante e pagarlle menos. esos trucos no son comparables os grandes despropósitos financeiros ,pero granito a granito faise unha montaña e ademais :se ti o fas tes dereito a criticar os outros?
E por último gran parte da culpa téñena os propios partidos ,non digo que promovan esta actividade , pero o poder dun partido está demasiado monopolizado polas altas esferas e para ascender tes que ter una serie de contactos e acatar una serie de ?normas? .As persoas mozos e que teñen ideas novas , que non teñen nada de corruptos vense relegadas a un papel secundario a causa da falta de contactos .A maioría das veces nun partido político prima máis de onde ves e os teus amigos que o teu talento ou ainda as túas ideas.
Pouco máis que poda engadir excepto quizais unha última pregunta(non vos preocupedes é a última):como poderiamos eliminar a corrupción?Desgraciadamente iso non é moi fácil,nin tampouco posible, deberíamos mellorar en moitos aspectos ,pero o máis fundamental é facer o poder accesible para todos e non para uns poucos privilexiados.
Espero que vos teña gustado o meu artigo.

Diego López Guerrero Navarro 1ºBacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 12-02-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Gustoume o teu comentario. Dás validez a un blog libre#blgtk08# e crítico, alén do novo. Grazas por seres e estares.
Comentario por The observer (17-02-2013 22:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0