Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Panamá deixa escapar 3 puntos importantisimos. |
|
A selección de Panamá empatou 2-2 ante Costa
Rica no partido correspondente a primeira volta da eliminatoria final da CONCACAF rumbo ao mundial de Brasil 2014.
Luis Henríquez abriu o marcador para o equipo da casa no minuto 16 tras unha gran xogada da ?vermella? que terminou nun disparo dende o borde da area que rematou na rede visitante. Once minutos despois, o defensor Román Torres duplicou a vantaxe, superando por segunda vez o porteiro
costarricense Patrick Pemberton.
A selección panameña dominou durante toda a primeira parte dando un recital de fútbol. Sorprendeu o gol nos últimos intres da primeira parte de Álvaro Saborio para os Ticos no minuto 40.
A segunda metade foi moi loitada polos dous equipos, Panamá puido aumentar a vantaxe varias veces pero o gardameta Tico estaba a tendo
unha gran actuación. O partido chegou o seu desenlace no minuto 86 cando o xogador da Premier de Inglaterra, Bryan Ruiz fixo unha ?chilena?
espectacular dende o centro da area que rematou en gol, batindo a un dos mellores porteiros latinoamericanos, Jaime Penedo.
O empate deixa os dous equipos cun punto na primeira xornada da volta final da clasificación para o mundial. Tanto Costa Rica como Panamá
xogarán agora de visita na proxima xornada. Os Ticos visitan EE.UU contra un equipo ianqui mancado coa derrota ante Honduras. Panamá viaxa a Xamaica con ganas de quitarse a espiña polo partido ante Costa Rica.
Esteban Gómez Cerdeira, 1ºBacharelato. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|