Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AGE, BNG e PSdeG agradecen a vontade de conversa de Pilar Rojo.
Os grupos dos partidos galegos non conseguen un acordo con Pilar Rojo, xa que ven "irrenunciable" preservar o "dereito" dos cidadáns a acceder á Cámara.
Representantes dos catro grupos parlamentares do Pazo do Hórreo reuníronse este venres coa xefa do Lexislativo, Pilar Rojo, para abordaren como "recuperar" a "normalidade" no funcionamento dos plenos da Cámara.
Para tentar que os grupos poidan volver tramitar os convites das persoas interesadas en acceder ás sesións. Con todo, calquera acordo aprazouse ata que Rojo articule unha proposta "formal" para o seu debate na Mesa e na Xunta de Portavoces.
Confirmárono ó fin da reunión, que se prolongou durante máis dunha hora, o voceiro parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras; o vicevoceiro socialista José Luis Méndez Romeu; e o voceiro na Cámara do BNG, Francisco Jorquera. Os tres agradeceron a vontade de "diálogo" de Rojo, pero ratificaron o seu rexeitamento á "restrición" de convidados xa que ven "irrenunciable" que a Cámara manteña as portas abertas aos cidadáns.
Pola súa banda, Pilar Rojo avaliou "moi positivamente" a presenza de tódolos grupos neste encontro, o que interpretou como "un primeiro paso" para alcanzar o obxectivo común de defender "a normalidade" no funcionamento da institución.
Para iso, asegurou que ten a "man tendida" e que "sempre" está disposta a "chegar a un acordo" polo ben da institución, aínda que deixando claro que debe cumprir coa súa obriga de garantir o "normal" funcionamento da Cámara e que os deputados poidan exerceren os seus dereitos e deberes "sen presións de ningún tipo".
Declarou que explicou ós grupos que vai elaborar unha proposta formal e "por escrito" para debater, "a ser posibel", na próxima Mesa. Rojo evitou concretar máis detalles desta proposta, pero si admitiu que demandou ós grupos que presenten as súas propias propostas e suxestións, que se comprometeu a analizar "de forma moi gustosa".
Sobre as posibles sancións, mostrouse "prudente" e defendeu que "non hai moita novidade" dende este xoves, xa que se están a realizar "os informes correspondentes". Por último, acerca do cambio de actitude dos grupos con respecto ó pasado venres cando decidiu retirarlles as cotas de convidados, deu por feito que "algo terá que ver o toque de atención da Presidencia" coa súa evolución cara ao "diálogo".
Tras o encontro, en declaracións nos corredores da Cámara, o vicevoceiro socialista José Luis Méndez Romeu reafirmouse en que o dereito dos cidadáns a "acceder libremente" ó Parlamento é "irrenunciable" e insistiu en que este "non "pode ser restrinxido", en alusión á decisión de Rojo de retirar ós grupos a facultade de invitar público ás sesións plenarias.
Así as cousas, tras valorar a iniciativa da presidenta de iniciar un proceso de diálogo, Méndez Romeu mostrouse convencido de que o "dereito" do libre acceso é "totalmente compatible" co bo funcionamento do
Parlamento e coa "normalidade" no desenvolvemento do seu traballo, a orde da cal, recordou, correspóndelle garantila a Rojo.
Neste sentido, ratificou que a presidenta comprometeu que nunha próxima reunión da próxima semana trasladará unha proposta concreta para "restaurar o clima de orde" dentro da Cámara e remarcou que esta debe "dar satisfacción" ó que os socialistas ven como "unha conquista histórica", en relación á presenza dos cidadáns dentro da Cámara.
Non en van, defendeu que a asistencia de público ós plenos "non entorpece" o labor do Parlamento, senón que o "enriquece" ó exemplificar o principio de transparencia. "A Presidencia ten facultades abondas no regulamento para manter a orde cos distintos procedementos vixentes", afirmou.
Á súa vez, o voceiro parlamentario de AGE, Xosé Manuel Beiras, asegurou que o seu grupo está disposto a "colaborar" e agradeceu o "diálogo". Insistiu en que calquera acordo debe adoptarse en órgano oficial e por escrito, ó tempo que advertiu que para o seu grupo é innegociabel "preservar o dereito dos cidadáns" xa que as sesións deben ser públicas.
Por eso mesmo, destacou que se a AGE se lle pon "no transo" de escoller entre "acatar disciplinadamente decisións con respecto á orde do Parlamento que colisionar co contrato de fideicomiso adquirido cos cidadáns", non tería "máis remedio" que ser "leal" cos "dereitos" dos últimos e non co "acatamento e domesticación" que, como deputados, suporía o paso contrario.
Por último, incidiu en que os problemas dos cidadáns deben ter unha repercusión na Cámara e lembrou de que os incidentes rexistrados nos últimos plenos na tribuna de convidados non son "o resultado dunha dinámica interna do Parlamento, senón da proxección no seu interior dos problemas gravísimos" que vive a sociedade galega.
Na mesma liña, o voceiro do BNG na Cámara, Francisco Jorquera, indicou que neste encontro non se trataba de pechar un acordo, senón de contrastar opinións e concretou que "calquera hipotético" pacto quedou aprazado ata que Rojo elabore unha proposta que trasladará á Xunta de Portavoces "en reunión formal".
Á espera deste paso, Jorquera agradeceu a "vontade de diálogo" de Rojo e mesmo o que denominou "certa actitude de rectificación" ó respecto da decisión de "restrinxir" os convites dos grupos.
En calquera caso, subliñou que o BNG mantén "a súa postura", debido a que segue crendo que o que hai que facer é "restablecer unha práctica habitual" á hora de cursar convites, e se reafirmou en que "non é bo" que haxa restricións.
Pola súa banda, aínda que Rojo non quixo avanzar o contido da proposta, o voceiro popular na Cámara, Pedro Puy, dixo que na reunión falouse de "recuperar a normalidade" no funcionamento dos plenos, "no sentido de que poidan acceder todas as persoas interesadas e os grupos poidan facilitar a tramitación" de convites.
"É unha cuestión que cremos que debe manterse", reflexionou, para engadir que, ó tempo, hai que traballar para "alcanzar un acordo" que garanta que non se producirán "incidentes" que "atentan ou van dirixidos a alterar o normal funcionamento" da Cámara de representación do pobo, os seus integrantes foron elixidos recentemente nas eleccións autonómicas.
"Trátase de recuperar dalgún modo acordos que funcionaron moi ben moitos anos", defendeu Puy, quen avisou, non obstante, que iso leva consigo que os grupos entendan que "hai que colaborar" coa Presidencia da Cámara, quen ten "atribuídas competencias dun mantemento da orde".
Dito isto, recordou os incidentes rexistrados nos últimos plenos, esgrimiu que as sesións, malia a decisión de Rojo de asumir a potestade sobre os convidados, "nunca deixaron de ser públicas", e remarcou que hai que ter claro que, "por moi lexítimas e importantes" que sexan as "opinións" de persoas que acceden á tribuna de público do hemiciclo, son os
deputados os que "reflicten as opinións da sociedade" posto que para iso "foron escolleitos".

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2013 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0