Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os campamentos para o verán, cada vez máis en galego.
Os campamentos de verán en galego posibilitan a creación dun espazo de educación, intercambio e experiencia fundamental no desenvolvemento de nenos/as e adolescentes. Nos campamentos de verán apréndese a convivir nun ambiente afastado do entrono familiar cotiá. Melloramos así o proceso natural de maduración do ser humano, mediante unha axeitada programación de activididades lúdicas que non esquecen a educación en valores.
O campamento pode ter unha temática común que o faga máis atraínte aos participantes. Ademais, na programación final terase en conta as suxestións do persoal municipal, atendendo ás áreas específicas que se prefiran potenciar.
A programación definitiva entregarase un mes antes do inicio do campamento, para a súa validación polos servicios técnicos do concello.
Entre as diferentes actividades propostas estarán as seguintes, desenrroladas na súa maioría en estos dous idiomas o galego e o inglés:
? Actividades na natureza: marchas e sendeirismo, obradoiros de natureza, rastrexo e orientación, observación de fauna e flora.
? Actividades de socialización: deportes alternativos, festas, xogos cooperativos, xogos de simulación, excursións, traballo en pequenos grupos?
? Actividades de educación para a vida: alimentación san, deportes de esforzo, obradoiro de relaxación e masaxe, obradoiros de respiración?
? Actividades de creación: obradoiros de manualidades (papiroflexia, colares, pulseiras, caretas, monicreques, botellas de sal?), teatro, veladas.
? Actividades nocturnas: lume de campamento, veladas, noite de contos, xogo dos vagalumes, observación de estrelas, festa de despedida.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2013 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0