Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Emigrada a Nova York. |
|
 O pasado 16 de xaneiro, Cristina Pato presentou o seu disco "Migrations" no famoso local Jazz Standard de Nova York.
A gaiteira, nada en Ourense no ano 1980, ten, aínda que curta, unha das carreiras máis impresionantes do panorama musical galego. O seu primeiro disco, "Tolemia", viu a luz no ano 1999, cando Cristina tiña tan só 19 anos, transformándose así na primeira muller gaiteira en grabar un disco como solista en Galicia. Despois de varios éxitos tanto de ventas como de crítica (Numerosos xornais de prestixio, coma The New York Times ou The Scotman alaban o seu traballo musical), a gaiteira emigrou a Nova York no 2004, cidade onde reside actualmente.
A día de hoxe, a pesar de non levar nin 15 anos no mundo da música, Cristina Pato deu xa máis de 400 concertos en todo o mundo.
Volvendo á liña principal, a xenialidade da instrumentista vese reflectida na forma que tivo de meter aos espectadores no peto. Bastoulle con abrir a boca dúas veces, a primeira para preguntar, "¿Quen de vós é neoyorquino?". Tras a pregunta, a gran maioría do público ergueu unha man, e, acto seguido, Cristina volveu formular unha pregunta :"Pero..., ¿Quen de vós naceu en Nova York?".
Deixando as anécdotas atrás, a artista ourensana falou do seu novo disco, dixo : "O concepto de migración reflicte moi ben o que me aconteceu aquí nos últimos oito anos. É dicir, este disco bebe do jazz estadounidense, pero non deixa atrás o compoñente galego e celta"
Durante o espectáculo, a nosa gaiteira máis internacional non só fixo gala da súa evidente maestría con este instrumento, tamén demostrou ser unha excelente pianista, frautista e percusionista, dando así unha auténtica lección de capacidade musical e versatilidade, chegando a interpretar un tango, eso si, con gaita.
Despois dun emocionante show, o entregado público aplaudiu con forza a actuación e puideron ler, á mañá seguinte unha nova crítica, favorable, do disco de Cristina no xornal máis famoso da cidade, evidentemente, The New York Times.
Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|