Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Gran debut de Volkswagen.
Na edición máis complicada dos últimos anos desta proba,Sébastien Ogier / Julien Ingrassia (FRA / FRA), alcanzaron a segunda posición na primeira carreira do Polo R WRC. Cunhas condicións moi adversas, onde se remexeu a neve, o xeo, oasfalto mollado, o sol, a néboa densa, e a choiva. Ogier /
Ingrassia conseguiron finalizar a proba que se disputa nos Alpes franceses por detrás dos nove veces campións do mundo,Sebastien Loeb / Daniel Elena (FRA / MC, Citroën).Tamén,
Ogier marcou dous scratch (mellores tempos dun tramo) e conseguiron subir ao podio no debut na competición do Polo
R WRC.Os seus compañeiros de equipo Jari-Matti Latvala / Miikka
Anttila (FIN / FIN) tamén se encontraban entre os primeiros clasificados do ?monte?, clasificados no quinto posto,pero as
condicións adversas fixéronlles sufrir un accidente que lles forzou a abandonar no mítico tramo de Col de Turini. Sebastien Loeb conseguiu gañar o un dos cinco rallies nos que
vai competir este ano, isto fainos plantearnos unha pregunta: ¿Vai conseguir Loeb gañar todos os rallies nos que compita?, disto ser así, poderíamos estar a falar dun feito histórico, xa
que ninguén o conseguiu facer antes. Pronto encontraremos
resposta a nosa pregunta.

Esteban Gómez Cerdeira, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2013 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0