 Israel segue negándose a dar á Autoridade Nacional Palestina (ANP) o diñeiro dos impostos e aranceis que recada no seu nome e que, dende os acordos de Oslo de 1993, está obrigado a transferilo.
Unha fonte da oficina do primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, anunciou que o Goberno hebreo transferirá 100 millóns de dólares, o que só equivale a un mes dos catro que debe, segundo denunciou a ANP.
O Executivo israelí decidiu en novembro bloquear os fondos como castigo entre outras medidas de represalia, polo cambio de status de Palestina na ONU, que pasou a ser estado observador a ollos de Nacións Unidas. A transferencia servirá, non obstante, a aliviar o colapso económico da ANP e que se afondou nos últimos dous anos pola redución da axuda internacional.
A ANP enfróntase a unha seria crise financeira que lle impide pagar os salarios aos seus funcionarios, incluídos os membros das Forzas de Seguridade, que coordinan a súa actividade con Israel. Nos últimos tres meses os traballadores públicos non recibiron a súa paga completa e, durante o pasado 2012, sufriron atrasos ou non pagamentos en varias ocasións.
Os funcionarios palestinos declararon folga hoxe, mañá e o domingo, polo incumprimento por parte da ANP da promesa de facer efectivo un pagamento de parte do salario de novembro, que non recibiron completo, e para esixir o pagamento íntegro da paga de xaneiro. Os mestres en Cisxordania tamén mantiveron unha folga, que finalizaron hoxe, tras acordar coas autoridades educativas o inicio de negociacións para tratar sobre a súa situación.
Alba Salgado 2ºA |