Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Pecha o último diario en papel en galego, para converterse en semanario. |
|
Sucédese outro dos terríbeis episodios contra o galego na prensa, despois da desaparición do Diario A Nosa Terra e o Xornal de Galicia, agora remátase a edición diaria do Diario De Luns a Venres, para convertérense nun semanario. Mentres os grandes empresarios da comunicación seguen a recibir subencións, outros non recibimos nada, os xornais pechan e moitos dos nosos compañeiros xornalistas, seguen a ser despedidos.
Este pequeno diario galego, que de seguro coñecen, naceu no ano 2006 e dende aquel ano, converteuse no representante dos xornais en galego impresos en papel, e o alcance de tódolos galegos de forma gratuita.
Transformarase agora nun semanario que se publicara tódolos venres en papel, e diariamente en versión dixital.
Esta nova pódese valorar de dúas formas diferentes, por unha parte os malos hábitos económicos dos grandes empresarios da comunicación, e por outra banda o desinterese da Xunta, polo xornalismo na nosa lingua, o galego.
A formación El Progreso, da que depende De Luns a Venres promete que o cambio non suporá a desaparición da información diaria, xa que segundo este grupo xornalístico, verase reforzada a través da súa páxina web. Ademais asegúrasenos que a nova publicación semanal, aumentará as páxinas e a tirada, mantendo a aposta polo idioma galego.
Dende o equipo de redacción de A Nosa Terra Semanario Dixital, gustaríanos unirnos primeiro, o malestar dos despedidos, moitos deles pais e nais de familia que se quedan sen traballo neste momento tan difícil económicamente, e segundo facer público o malestar de moitos cidadáns, lectores diarios deste xornal, que se acaban de atopar coa nova da súa desaparición.
Refutación total á destrucción masiva do xornalismo en galego.
Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Outro desleixo máis dos nosos rexedores. Un xornal meritorio, dignísimo e sen erros pasa ao virtual. Durante máis dun lus#blgtk08#tro acompañounos no colexio, algúns aínda estan buscando tempo para ler un só dos seus milleiros de titulares. Que mágoa. |
|
|
Comentario por Master and Co (27-01-2013 13:59) |
|
|
2 |
Outro desleixo máis dos nosos rexedores. Un xornal meritorio, dignísimo e sen erros pasa ao virtual. Durante máis du#blgtk08#n lustro acompañounos no colexio, algúns aínda estan buscando tempo para ler un só dos seus milleiros de titulares. |
|
|
Comentario por Master and Co (27-01-2013 13:59) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|