Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Idilio entre Os Ancares e Etiopía
Cando o cámara de televisión Ovidio Fernández Sánchez (Navia de Suarna, 1962) adoptou anos atrás un rapaz de Etiopía chamado Abdi non sabía que, máis aló dunha relación familiar, ía comezar unha especie de idilio con ese país africano, que tivo continuación con outra adopción, a de Abdul, o irmán maior do primeiro.

Agora, o penúltimo capítulo desta paixón Galicia-Etiopía xa está a dar a volta ao mundo, aínda que en formato dixital e con nome propio: Shoots from Abyssinia.

Trátase dun novidoso documental de 101 minutos, en galego ?subtitulado a inglés?, que vén de presentarse no prestixioso De-lhi International Film Festival da India, cunha excelente acollida por parte do público e como único representante de España.

¿E que hai realmente detrás de Shoots from Abyssinia?. A nivel cuantitativo, un mes de rodaxe en terras etíopes, con máis de 4.000 quilómetros percorridos polo norte do país en 4x4. A nivel cualitativo hai moito máis: a busca das raíces.
O protagonista desta historia é o propio Abdul, que tras anos vivindo en Compostela regresa un mes de verán de 2010 ao seu país de orixe para ofrecer unha visión diferente de Etiopía. ?Talvez por ser dos Ancares, o certo é que sempre penso que se unha persoa perde as súas raíces, non ten nada?, sostén Ovidio Fernández, o promotor deste proxecto. Pero o documental non pretende ser simplemente o reencontro de Abdul coas súas raíces, senón unha homenaxe ?aos 700 nenos dese país adoptados en Galicia?.

Ao mesmo tempo, Abdul conta a historia dun país ?moi diferente? ao que ten en mente a cultura occidental. ?Xa non é o país da fame, do deserto... é un país en franco crecemento e con moitísima historia que ofrecer?, lembra o director do documental. ?Hai que cambiar esa mentalidade de dicir: ¡Pobre rapaz, de onde virá! Pois dun país con moita historia, moita cultura e moitas posibilidades?, aclara rotundo Fernández.

Abdul, seguindo o percorrido que fixo no seu día o misioneiro español Pedro Páez ?o primeiro europeo en chegar ás fontes do Nilo Azul?, narra historias da capital Addis Abeba, do centro espiritual de Lalibela, do lago Tana, das terras da raíña de Saba, etc...

No medio desta viaxe cobra especial importancia a figura do misioneiro español Ángel Olaran, que leva anos á fronte dun proxecto humanitario en Wukro e ao que se destinará parte da recadación de Shoots from Abyssinia.

O salto do documental á India é só o primeiro paso. Seguirá presentándose a festivais ?para poder chegar a xente á que eu nunca chegaría cos meus medios?. E é que hai que lembrar que Ovidio Fernández se encargou de case todos os gastos, recibindo tan só unha axuda da Xunta que ?apenas cubriu o custo da viaxe?. Pero iso non foi obstáculo para frealo. De feito, o idilio Ancares-Etiopía continúa. En 2011 volveu gravar, nesta ocasión ao sur do país e co outro fillo, Abdi... así que se auguran máis disparos.

Beatriz Molina Muñiz, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2013 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0