Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CENTOS DE GANDEIROS VENSE AFECTADOS POLA CRISE DE ALIMENTOS LÁCTEOS
Alimentos Lácteos S.L, atravesa por gravísimos problemas financeiros. Unha crise que ten atrapados a uns mil produtores de leite galegos, algúns dos cales levan sen cobrar as súas entregas entre catro e cinco meses. E que ameaza con crebar unha empresa nacida co apoio financeiro da Administración autonómica, que investiu xa unha cantidade próxima aos nove millóns de euros.

Segundo os datos aportados das contas auditadas no Rexistro Mercantil, Alimentos Lácteos tivo no ano 2010 unhas perdas de 3,4 millóns de euros e de 4,6 millóns o pasado 2011. A falta de ver como pecha o pasado exercicio, o persoal, formada por uns 71 traballadores, teme polo futuro dos seus postos de traballo. O atraso no pagamento aos produtores propiciou que algunhas cooperativas deixasen de entregar o leite a unha factoría con capacidade para procesar 7,5 millóns de litros á semana e que agora apenas está envasando 300.000. Fontes consultadas revelaron incluso que algúns produtores da zona, sobre todo do Concello da Pastoriza, viron como se lles trocaba a débeda contraída polas entregas de leite con participacións no capital social. O parón das entregas de leite pola falta de pagamentos, os elevados custos de mantemento da fábrica e, sobre todo, graves problemas de liquidez abocaron a este proxecto, bendicido e apoiado pola Xunta, a unha situación límite. O pasado mes de outubro o Igape concedeu avais por valor de 450.000 euros para que Alimentos Lácteos puidese afrontar pagamentos atrasados ás cooperativas e abonar así o leite aos gandeiros. Pero non foi suficiente para endereitar o rumbo da nave. A sociedade recorda que, mentres se ve obrigada a pagar o leite ao gandeiro a 30 días, cobra da distribución a 90 e 120, o que segue xerando graves contratempos de tesourería.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2013 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0