Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O neno can, unha escolma de contos a favor de Unicef.
O libro de relatos breves O Neno Can da autoría de Fina Casalderrei e Francisco Castro, publicado no ano 2012, que aborda asuntos relacionados coa falta de dereitos básicos que padecen moitos nenos, acaba de ser incluido na institución con sede en Oslo IBBY, que elabora a coñecida Lista Outstanding Books 2013, como un dos títulos sobranceiros polo seu tratamento da discapacidade.
Deste xeito o Neno Can, conquire un gran recoñecemento internacional, entrando a formar parte dun catálogo das mellores publicacións a sobor desta temática.
Exporase primeiramente na Feira do Libro Infantil de Boloña, e postremeiramente, en distintas capitais a través dunha mostra itinerante, ademais de ser un proxecto a favor de UNICEF.
Neste libro galego, cóntanse historias de meniños que teñen que sobreviviren nunca realidade de gran dureza, coa falta de dereitos básicos que deberían ter tódolos nenos e nenas do mundo, e que por desgraza padecen moitos deles, hoxe en día.
Así enuméranse historias de nenos que para sobrevivir han de remexer nos colectores de lixo, ou as epopeas de nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda xogan coas bonecas, ademais de representar a discriminación de aqueles que por seren diferentes por calquera motivo, xa son carne de canón social.
O libro aposta pola xustiza e a liberdade ó longo das historias que protagonizan Carlos, Leila, Nadín ou Aakesh entre outros, nenos sen voz, pero con vidas que non deixan indiferente ó lector.
A primeira historia é a que da nome ó libro e ábrese co artigo da Convención dos Dereitos do Neno, relativo á saúde, un tratado ratificado por máís de 190 países do mundo en 1989 e promovido por Unicef: ?Temos dereito a desenvolver hábitos saudables, sen drogas, a recibir coidados médicos, e a vivir nun lugar sen contaminación e agradable. Debemos alimentarnos axeitadamente, coidar da propia hixiene, facer exercizo e desenvolver hábitos ecolóxicos?.
O punto plástico corre a cargo da artista Patricia Castelao, completando unha obra perfecta que aposta pola xustiza e a liberdade, e que nos agasalla os lectores con historias de gran crueza pero cheas de vida, que non deixan de encadearnos dende a primeira liña.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 11-01-2013 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0