Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rubín ve no cómic un medio ''con postura crítica''
O historietista galego David Rubín (Ourense, 1977) destacou nunha entrevista concedida a Efe o papel que desempeña o cómic na sociedade actual, ao considerar este xénero como "un medio de comunicación" que transcende a mera ficción para mostrar unha "postura crítica" da sociedade actual.

Rubín fixo esta reflexión con motivo da presentación pública da súa nova criatura O Heroe. Libro Dous, a segunda e definitiva entrega dos 12 traballos de Heracles.

Nesta obra, reinventa a historia do mítico Hércules e as súas 12 probas, ao longo de dous volumes de case 600 páxinas nas que o protagonista "loita contra vento e marea para escribir o seu propio destino". Neste relato, recoñece, introduce unha importante "carga política, que non panfletaria".

Tras a promoción e a boa acollida da obra noutros países europeos, como Francia ou Italia, esta semana presentou na librería Komic, en Santiago de Compostela, o segundo tomo desta historia.
"Unha aposta a unha soa carta", coa que espera "recoller o sementado", tras catro anos dedicado a este traballo, "deixando outros de lado".
Fronte ás correntes que apuntan a que o cómic está dirixido ao público infantil, Rubín desmitifica este punto e afirma que é apto para todos os segmentos.

"Cada vez ten máis repercusión nos lectores, nos medios de comunicación e na sociedade, en xeral", sostén, e engade que o público é máis diverso, "xente maior, mulleres ou xente nova". Ademais, o acceso a estas obras é, desde o seu punto de vista, máis fácil agora que "as bibliotecas teñen seccións de cómic, cando hai dez anos non existían". Ao longo da súa carreira, Rubín viu como se multiplicaron as temáticas que ocupan as páxinas destes relatos.

"Agora podes atopar un cómic que fale do holocausto ou enfermidades como o alzheimer", chegando a un público variado "xa que o que non atopa un cómic dun tema que lle guste é porque non lle interesa buscalo".

Por todo isto, afirma que traballa para conseguir "un cómic divertido no que insuflar algo máis. Ideas e reflexións sobre cuestións serias e conseguir así segundas e terceiras lecturas", algo se cabe aínda máis necesario en momentos como os actuais onde "os poderes intentan destruír a sociedade na que vivimos e gobernar só para eles".
Nesta liña, define, polo tanto, o cómic como "unha arma máis de combate e protesta".

O CÓMIC EN GALICIA
No que respecta a Galicia, di que o cómic estase convertendo nun terreo moi fértil no que se refire a creadores.
"Somos das comunidades con máis persoas publicando", a pesar de que "no momento actual, o cómic é cultura, e a cultura non interesa".
Admite que nunca necesitou unha subvención para publicar.

Con todo, "penso que é necesario, igual que noutros sectores, como o teatro ou o audiovisual, abrir frontes de colaboración", aínda que se trate dunha "batalla difícil de librar", concreta.
Rubín séntese afortunado polo feito de poder vivir dun traballo que o apaixona. "Vaise tirando, senón sería inviable".

A pesar de que conta que "hai cousas que dan máis diñeiro", aclara que "hoxe en día estudar unha enxeñería tampouco é garantía de atopar traballo". Así, afirma que o seu é unha carreira de fondo. "Ninguén pode pretender facerse rico da noite para a mañá cun só cómic", ironiza.
Durante o proceso de creación, as xornadas poden chegar a 10 "ó 12 horas". Desde as 7:00, a súa mente comeza a traballar "e aínda que poidan parecer demasiadas horas -precisa- terminas coa satisfacción de traballar para ti mesmo e no que che gusta".

Tan só a creación do guión do heroe supuxo seis meses de dedicación. Logo chega a etapa do debuxo a lapis "e logo de ter a visión global é o momento do entintado e a cor".

Agora, esta carta "de amor ao xénero" trata de devolverlle "o favor" que considera que o cómic lle fixo. Unha paixón á que está entregado desde a infancia, pero di que non sabería explicar como decidiu emprender este camiño. "Supoño que polo mesmo proceso que decides ser escritor ou músico".
Xa de neno recoñece que o pasaba mellor debuxando os seus cómics que lendo os que compraba. Grazas a isto, "agora son creador e nunca me expuxen ser outra cousa".

Consciente de que a "paixón innata" é importante, acepta que, principalmente, "a aprendizaxe éo todo". Por iso, espera "seguir facendo cómics aos 60 anos e ir aprendendo dos acertos e os erros".

Beatriz Molina, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2012 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0