Unha oínte de Ferrol chamou este luns pasado ó programa da Radio Galega ?Pensando en ti" para expresar en castelán, a súa protesta polo uso da nosa lingua no programa da canle pública. Amalia, que así se chama a oínte, acusou ó presentador do programa, Alberte Freire de falta de educación, por dirixirse en galego ós membros do grupo musical galego Los Españoles. De este xeito, a oínte que se confesou ?española? e simpatizante de Alberte Núñez Feijóo, enimiga da esquerda e do centro, definíuse de dereitas e ?española?.Comezando a proferir unha serie de recriminacións ó locutor, nunha conversa que foi subindo de ton, até que finalmente a oínte ameazou ó presentador con escribirlle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, para queixarse polo uso do galego, na Radio Galega.
Ademais a susodiota individua proferiu unha serie de argumentacións falsas, ó afirmar que os nosos compatriotas ferroláns non son coñecedores da lingua galega, e que só falan castelán .
Unha clara falta de principios e de respeto cara a nosa lingua nacional, e cara o pobo galego, e unha mostra máis de que a desharmonía das linguas oficiais, segue viva nunha parte da poboación que anceia voltar a etapas pasadas, nas que o noso país vivía no retroceso e na prohibición da nosa lingua, símbolo da nosa identidade.
Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.