Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Once preguntas para unha adicción. |
|
Un sistema baseado nun test permite a detección precoz do uso patolóxico da Internet polos adolescentes.
O valedor do pobo, Xosé Xulio Fernández Rodríguez, presentou este mércores un sistema pioneiro, baseado nun test, para a detección de uso problemático que os adolescentes fan da Internet. O proxecto levouse a cabo logo de coñecer os resultados do informe extraordinario 'Adolescentes e Internet en Galicia', elaborado en 2011, que alertou sobre os hábitos de consumo que os mozos na rede.
Ante esta realidade, o Valedor creou, un "instrumento de detección precoz do uso problemático de Internet entre os adolescentes", destacou Fernández.
Pola súa banda, Antonio Ruibal Boubeta, profesor de psicoloxía da USC e director do proxecto, explicou que o instrumento é unha ferramenta de cribado, non de diagnóstico, que funciona mediante unha "sinxela enquisa" de 11 piares a través da cal pódense discriminar casos de risco e emprender as actuacións necesarias.
Ademais, Ruibal advertiu que asociacións e colexios que colaboran co proxecto trasladaron que realmente existe un problema e que se pode falar de "alerta social" neste segmento da poboación "especialmente vulnerable". Doutra banda, fixo un chamamento aos pais para que teñan control de cando e como navegan os menores.
O director do proxecto explicou que a ferramenta creada é "breve e sinxela" para que todo o mundo póida utilizala. Abonda con que os adolescentes respondan ao cuestionario adaptado ao contexto cultural galego e tamén á lingua utilizada.
O uso deste instrumento non só permite detectar aos suxeitos que mostran risco alto de uso da Internet senón tamén profundar na caracterización dunha posible adicción. Ademais Ruibal explicou que se trata dunha ferramenta que se ten que "actualizar e mellorar".
Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|