Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os funcionarios galegos verán recortada a súa paga extra de 2013
A Xunta pagará en 2013 só parte da paga extra de Nadal, que este ano foi suprimido por parte do Goberno central para o conxunto das administracións públicas. Desta forma, os funcionarios non cobrarán integramente esta retribución, pero o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, defende que os empregados públicos gañarán "máis" con respecto a 2012. Na rolda de prensa posterior ao Consello, Feijóo reivindicou que esta medida supón que, sobre o total do que se aboa en 2012, "non vai baixar a retribución" final dos funcionarios e, pola contra, alega que "cobrarán máis". Con todo, supón unha redución con respecto ao soldo que os empregados públicos terían se o Goberno central decide manter completas todas as pagas e non adoptar a mesma medida que este ano. A proposta da Xunta, que será presentada este venres aos sindicatos na mesa de negociación, abrangue un abano que vai ata o 7 por cento. Así, o pagamento levarase a cabo en función do salario, de forma que "recuperen máis os que menos cobran; e menos, os que máis, en palabras do mandatario autonómico. Esta decisión do Executivo autonómico enmárcase na necesidade de cumprir o obxectivo de déficit, que para o ano que vén se situará no 0,7 por cento fronte ao 1,5 autorizado en 2012. Iso implica, como destacou Feijóo, que Galicia "vai a non seguir incrementando a débeda pública". Deste xeito, o presidente autonómico recordou que o próximo ano Galicia vai reducir a débeda pública á metade, unha cuestión que considera "unha boa noticia dende o punto de vista da solvencia". Consecuentemente, explicou, hai medidas que se adoptaron neste exercicio que agora "se"teñen que manter en parte".
"RECUPERARÁN PARTE DO QUE PERDERON"
Malia iso, Feijóo puxo en valor que Galicia "incrementará prioritariamente o apoio e as partidas" para os colectivos máis desfavorecidos" e, por outro lado, que os funcionarios "cobrarán en 2013 máis que en 2012", xa que este ano perderon unha paga extra que agora será aboada nunha determinada porcentaxe. Deste xeito, subliñou que os empregados públicos "recuperarán parte do que perderon". "A pesar de ter que diminuír a débeda á metade, cobrarán máis que en 2012. Ese é o obxectivo e é o que imos formular mañá", abundou o presidente autonómico, quen insistiu nesa lectura. A xeito de conclusión, o mandatario autonómico sentenciou que "os funcionarios da Comunidade non verán diminuídos os seus salarios sobre o que percibiron en 2012". "Non imos baixar outra vez os salarios públicos, imos recuperar parte da paga extraoridnaira que deixaron de recibir este ano", incidiu Feijóo, quen sentenciou que Galicia "non vai pedir máis que noutras comunidades autónomas".
OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO
Sen saír do ámbito do emprego público, o Consello da Xunta deu luz verde este xoves á oferta de emprego público (OPE) para o ano 2012, na que a Administración saca 124 prazas, das cales dez, de acceso libre, están destinadas a técnicos da Axencia Tributaria de Galicia, que precisamente se creará e porá en marcha en 2013. O resto das prazas, 114, serán de promoción interna, o cal respecta as limitacións da Lei de Presupostos do Estado, ao tempo que ofrece "oportunidades" para que os funcionarios poidan, por exemplo, cambiar de grupo. Neste sentido, Feijóo tamén sinalou que responde á aposta da Xunta por "fomentar" a carreira dos funcionarios. Ademais, preguntado por se vai haber despedimentos na Administración pública, Feijóo sinalou que se "tomarán decisións" na Lei de Presupostos galegos, que se aprobarán a próxima semana en conselo, no sentido de "ofertar aos empregados da comunidade autónoma maior estabilidade, interinos incluídos".
CUMPRIMENTO TAXA DE REPOSICIÓN
A oferta de emprego público cumpre coa taxa de reposición establecida por lei e, tal e como destacou Feijóo, concéntrase nos corpos responsables do "control e loita" contra a fraude fiscal. Destas dez prazas, tres correspóndense ao corpo superior da Administración e sete ao corpo de xestión de administración. En canto á promoción interna, implican ao corpo superior de administración da Xunta (subgrupo A1); corpo de xestión da Xunta (subrupo A2); corpo administrativo (subrupo C1); e corpo auxiliar da Xunta de Galicia (subgrupo C2). Todas as prazas ofertadas están ocupadas provisionalmente por persoal interino ou laboral indefinido adscritos a unha praza de funcionario, e dotadas presupostariamente, incluídas nas relacións de posto de traballo vixentes, polo que, explica a Xunta, non suporía un maior custo para a Administración nin incremento de efectivos.

Isabel Férnandez
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 22-12-2012 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0