Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense |
|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os Bolechas dinamizarán o idioma galego este Nadal |
|
 A popular familia de Os Bolechas percorrerá este Nadal oito localidades da Comunidade para dinamizar o idioma galego entre os máis novos co espectáculo 'Brincabolechas. Circo de Nadal'.
A iniciativa foi presentada este venres en Santiago nun acto que contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; da directora da TVG, Rosa Vilas, do responsable da Editorial Bolanda, Antonio Couto; e de Ana Salgado, representante de Novagalicia Banco.
Os populares personaxes literarios creados por Pepe Carreiro estarán acompañados por moitos amigos cos que interpretarán números cómicos, de malabares e de música, con especial protagonismo da banda sonora de Os Bolechas. O espectáculo, producido por Bolanda, a Xunta e TVG; conta coa produción artística de Pistacatro e a participación de máis de 40 persoas.
O evento percorrerá oito localidades galegas entre o 26 de decembro e o sete de xaneiro. A primeira cita terá lugar o próximo mércores no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, mentres que o día 27 o equipo se trasladará ao Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo. Posteriormente, o 28, o espectáculo representarase no Centro Cultural Novacaixagalicia de Santiago e o último pase de 2012 terá lugar o día 29 no Centro Cultural Novacaixagalicia de Pontevedra.
Xa en 2013, Os Bolechas actuarán o día 2 no Auditorio Municipal de Ourense, o día 3 no Auditorio Municipal de Lalín e o día 4 no Teatro Jofre de Ferrol. A iniciativa concluirá o luns sete de xaneiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía. Todos os espectáculos se iniciarán ás 18.30 horas.
Durante a presentación da iniciativa, Valentín García destacou a importancia do éxito de Os Bolechas para achegar a lingua propia de Galicia a todos os fogares galegos con nenos, a través de "historias narradas de modo ameno e próximo" para os máis pequenos. Pola súa banda, Antonio Couto sinalou que o espectáculo está "concibido para divertir" e para que os nenos sexan "partícipes" deste.
Tania Airas
2ºBach-B |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|