Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense perde 100000 habitantes en 30 anos
A sangría poboacional en Ourense parece non ter fin. De feito, segundo os datos oficiais que onte fixo públicos o Instituto Nacional de Estatística (INE) no seu censo poboacional, é unha das catro provincias españolas que perderon poboación na última década. Nese período de tempo, Ourense pasou de ter 338.000 a 328.000 habitantes, o que supón un descenso do 2,9 %. Tan só, Zamora perdeu nese mesmo período máis habitantes que a provincia ourensá. Trátase dunha evolución que non ten freo, xa que o informe estatístico que lanza cada dez anos o INE permite observar que a perda de poboación foi maior en décadas anteriores. Así, en 1991, Ourense tiña 353.000 habitantes e en 1981 430.000, o que supón ata cen mil máis que a finais do 2011.

A segunda conclusión que se extrae do estudo do INE é que Ourense é a provincia española que ten a poboación máis envellecida. De acordo cos datos oficiais, a medida de idade na provincia sitúase nos 49 anos. Sitúase catro anos por encima da media galega.

De feito, unha análise da poboación por grupos de idade mostra que o maior peso relativo de poboación atópase na franxa de idade entre os 40 e os 64 anos, á vez que se reduce nos mozos.

Dos 328.000 habitantes que ten Ourense censados, un total de 15.000 son estranxeiros. Segundo reflexa o INE, non se atopa entre as provincias nin municipios que teñan un incremento maior de poboación inmigrante, coma se sucedeu noutras zonas de España coa chegada de 3,5 millóns de estranxeiros nos últimos dez anos.

As previsións de futuro non son máis halagüeñas, xa que o INE vaticina que a provincia ourensá perderá máis de 22.000 habitantes nos próximos dez anos. De ser así confirmaríase a tendencia das últimas décadas.

Ourense é a provincia española coa poboación máis envellecida.

Julián Rey Pérez 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-12-2012 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0