Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Desenvolven un formigón biolóxico para construír fachadas

O Grupo de Tecnoloxía de Estruturas da Universidade Politécnica de Catalunya desenvolveu e patentou un tipo de formigón biolóxico, con capacidade para que crezan organismos pigmentados de xeito natural e acelerada. O material, que está ideado para fachadas de edificios ou outras construcións en climas mediterráneos, ofrece vantaxes ambientais, térmicas e ornamentais respecto a outras solucións de construción similares.

Os investigadores estudan o novo tipo de formigón biolóxico a partir de dous materiais a base de cemento. O primeiro deles é o formigón convencional carbonatado (baseado en cemento Portland), co cal obteñen un material dun pH do ámbito de 8. O segundo material está fabricado cun cemento de fosfato de magnesio (MPC, Magnesium-Phosphate Cement), conglomerante hidráulico que non require ningún tratamento para reducir o pH, posto que este é lixeiramente ácido.

O cemento de fosfato de magnesio utilizouse anteriormente como material de reparación pola súa propiedade de rápido fraguado. Ademais, tamén se empregou como biocemento no ámbito da medicina e a odontoloxía, o cal indica que non ten un impacto ambiental adicional. A innovación deste novidoso formigón (multicapa vertical) é que se comporta como un soporte biolóxico natural para o crecemento e desenvolvemento de determinados organismos biolóxicos, concretamente certas familias de microalgas, fungos, líquenes e mofos.

Unha vez patentada a idea, o equipo investiga o mellor xeito para favorecer o crecemento acelerado deste tipo de organismos no formigón. O obxectivo da investigación é conseguir acelerar o proceso natural de colonización, obtendo un aspecto atractivo en non máis dun ano. A idea é tamén que as fachadas construídas co novo material mostren unha evolución temporal mediante cambios de coloración en función da época do ano, así como das familias de organismos predominantes. Neste tipo de construción, evítase a aparición doutros tipos de vexetación para impedir que as súas raíces boten a perder o elemento construtivo.

Alba Salgado Parente 2º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-12-2012 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0