Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un inédito de Paz Andrade narra as súas viaxes a América

Nos anos 1954 e 1955 Valentín Paz Andrade viaxou por América e foi deixando testemuño das impresións daquel itinerario con paradas en Arxentina, México, Chile, Colombia, Brasil ou Estados Unidos. Os diarios permaneceron no arquivo e foron descubertos pola historiadora Emilia García López e no vindeiro mes será publicados por Alvarellos Editora.
A noticia sobre os textos inéditos das viaxes, que se publicarán baixo o título Diarios de viaje, deuse a coñecer no congreso sobre Paz Andrade que celebra a Real Academia Galega en Pontevedra.
O volume que reunirá os trinta textos inéditos do homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas incluirán fotografías e documentación destas viaxes por América e proceden do arquivo da súa viúva, Pilar Rodríguez Prada.
No congreso pontevedrés o historiador Xusto Beramendi abordou onte o papel de Paz Andrade no nacionalismo galego de entreguerras, comezando pola súa implicación nas Irmandades da Fala cando era estudante de Dereito en Santiago (1916-1918), ata o inicio da Guerra Civil en 1936.
O profesor subliñou a aportación do pontevedrés «como un afán de modernización de Galicia en todos os aspectos, económicos, políticos e culturais». Beramendi afondou no papel de Paz Andrade na construción do nacionalismo galego, a través da súa etapa estudantil, a posta en marcha do diario Galicia e a formación do Grupo Autonomista Galego, «que apostaba por unha república democrática» e logo coa fundación do Partido Galeguista.
Indicou que entre 1932 e 1933 hai un «afastamento gradual da primeira liña do nacionalismo» ata que en 1936 se sae do partido. «Sorprende que unha das persoas que máis contribuíu á consolidación dun nacionalismo democrático se aparte». Beramendi cre que na decisión tivo que ver o atentado anarquista que sufriu Andrade «e que fixo que el non vira claro que o Partido Galeguista tivese que ir coa esquerda». O catedrático tamén resaltou que este ano dedicado a Andrade contribuíu a restaurar a súa figura, «porque dentro do santoral do galeguismo era unha persoa que estaba escurecida, se cadra por esa moderación, por ese episodio do ano 36, no que rompe con Castelao, non porque se pelexasen, porque mantiveron o afecto mutuo e aí está o libro que Paz escribiría sobre Castelao».


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0