 A policía de Connecticut (EE UU) confirmou que o 14 de Decembro o tiroteo nunha escola primaria en Newtown deixou un saldo de 27 mortos, entre eles 20 nenos, e un adicional nunha "escena secundaria".
Durante unha conferencia de prensa, o tenente da policía de Connecticut, Paul Vance, dixo que en total morreron 18 nenos no colexio así como seis adultos e o autor do tiroteo. Outros dous pequenos faleceron ao chegar ao hospital e outro adulto nun sitio non identificado.
Vance indicou que, ao tratarse de "unha activa investigación en curso", non pode dar máis detalles sobre os mortos nin como nin por que ocorreu a masacre na escola primaria Sandy Hook. "Non é unha escena simple", observou Vance, ao detallar as medidas tomadas polas autoridades policiais para evacuar aos alumnos e resgardar o colexio e a escena do crime, localizada "nunha sección do colexio, dúas aulas".
Os corpos de seguridade recibiron o aviso do tiroteo pouco logo de empezar as clases, sobre as 09.40 da mañá hora local (14.40 GMT), polo que varias unidades trasladáronse ao lugar. Varios dos alumnos da escola Sandy Hook foron escoltados fóra das instalacións educativas polos seus profesores entre berros e saloucos. Algúns medios comentan que houbo varias decenas de disparos e que a maioría foron nas aulas de infantil.
Sara Álvarez González
2º Bacharelato
|