Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Besteiro dará "un paso á fronte" para liderar o PSdeG "cando chegue o momento" de decidir
O presidente da Deputación de Lugo e secretario provincial do PSDEG, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este sábado --ante un foro convocado para que os militantes dean a súa opinión sobre o futuro do partido-- que, "cando chegue o momento" para "decidir e comprometerse", dará "un paso á fronte".
"Vou comprometerme", desta forma pechou o seu discurso Gómez Besteiro nun acto celebrado baixo o lema 'Partido Aberto, Goberno Aberto', nun auditorio da Facultade de Veterinaria en Lugo case cheo, no que o secretario provincial dos socialistas lucenses chamou á rexeneración do partido, ó que emprazou a "baixar da cadeira e subir á rúa".
Nun acto sen precedentes no partido, sin respaldo do seu regulamento, Besteiro iniciou o debate previo ás opinións dos militantes socialistas cun ideario baseado en "un galeguismo integrador como sinal de identidade", abrir as sedes á militancia, reformas do papel das deputacións e concellos, e coa máxima de "un militante, un voto" para elixir o secretario xeral do PSdeG.
Todo iso, co fin de "volver mobilizar" á cidadanía, segundo resaltou, e "recuperar a súa confianza" para que o PSdeG sexa "partido de goberno". O presidente da Deputación de Lugo presentará "propostas novidosas" á militancia. Con propostas tanto de tipo orgánico como político, Besteiro realizará un discurso enfocado cara aos "cambios" e, a continuación, cederá a palabra a todos aqueles compañeiros de filas que queiran formular as súas propias ideas.
Trátase, como explicaron as mesmas fontes, de "escoitar o que teñan que dicir" as bases ao obxecto de "construír entre todos" a "nova etapa" que se debe abrir no PSdeG, tendo a militancia como punto de referencia. "Trátase de dar voz no partido aos que non a teñen, de darlles importancia", destacan.
E é que este tipo de acto, sen precedentes no partido nin respaldo do seu regulamento, ten como obxectivo cumprir o acordo tomado no último comité provincial sobre que Lugo chegase ao conclave socialista do próximo ano con "ideas claras e decididas entre todos".

FUTURO DE BESTEIRO

De tódolos xeitos, esta cita é o primeiro acto público en clave orgánica que protagoniza Besteiro despois de que transcendese que está a manter reunións con distintos cargos do partido, aos que sondaría para medir as opcións coas que contaría se se decide a lanzar a súa candidatura para relevar a Pachi Vázquez á fronte do PSdeG.
De feito, a súa convocatoria chamou a atención de sectores socialistas, que non descartaron a Europa Press que puidese ser a "plataforma" dende a cal anuncie a súa intención de saltar á area autonómica en función da acollida que perciba.
Tampouco falta quen interprete que podería utilizar este foro para "calibrar" o respaldo que mantén entre a militancia lucense apenas medio ano despois de ser elixido líder provincial por aclamación.
En todo caso, considerarían "unha falta de respecto" que utilice os resortes á súa disposición polo seu cargo no partido para avanzar un paso que, quizais, tamén outros afiliados lucenses poidan estar a barallar dar.
Podería ser o caso do exministro José Blanco, quen xa avanzou que achegaría "ideas" para configurar "un proxecto alternativo, motivador, aglutinador e transformador de Galicia" unha vez convóquese o congreso no que se relevará á actual cúpula do PSdeG.

"PARTIDO ABERTO, GOBERNO ABERTO"

Sexa como sexa, á cita, que se celebrará na Facultade de Veterinaria dende as 10.45 horas, están convocados os, aproximadamente, 2.400 militantes socialistas da provincia e todos eles poderán "pedir a palabra" para expresar a súa opinión.
O propio Besteiro definiuna como "unha forma distinta de traballar", coa vista posta en lograr "o reencontro coa militancia" como "paso previo" para "o reencontro coa sociedade".
Xunto con este foro, e dadas as dificultades que poidan ter os afiliados de distintos puntos da provincia para acudir, a dirección provincial puxo esta semana á súa disposición un correo electrónico para "enviar comentarios e ideas por escrito".
Esta iniciativa tivo "grande acollida e participación", segundo sinalou o partido nun comunicado de prensa, no que resalta que chegaron "decenas de correos electrónicos de militantes e simpatizantes con ideas e propostas interesantes".
Tamén destacou o envío de "felicitacións" pola celebración deste acto con toda a militancia "dende outras provincias galegas", ademais de "cartas especiais" dalgúns dos afiliados con máis antig~idade e outras dende "fóra de Galicia e de España", como un afiliado que escribe dende Bos Aires.


Jorge Vázquez Docarme 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0