Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un estudo científico revela unha menor intelixencia nos amantes do reggaetón.
Cantantes de reggaetón durante unha actuación.
Un recente estudo efectuado polo departamento de psicoloxía da universidade de Bamako, Mali, revela que as persoas ás que lles gusta o reggaeton son, en promedio, un vinte por cento menos intelixentes que aquelas que se declaran amantes doutros xéneros, como a música clásica ou o Rock.
Cinco mil personas foron entrevistadas durante o transcurso do citado estudo, no que foron sometidas a baterías de preguntas que determinasen o seu coeficiente intelectual, ás que se engadiron dúas últimas, a primeira referente a todo o relativo cos gustos musicais e a derradeira, con cuestións de carácter social. Ao seren analizados e cotexados os resultados do total das mesmas, chegouse á conclusión de que os amantes do rock e a música clásica posúen personalidades moito máis receptivas co seu ambiente, así coma unha maior capacidade crítica, non así os ?reggaetoneiros?, os cales deron conta dunha maior simplicidade intelectual, canto menos no papel.
Ante o debate suscitado en gran parte de Latinoamérica, cuna do reggaetón e lugar onde acada un maior número de afecionados, numerosos rostros coñecidos do mundo do reggaetón apresuráronse a confirmar que o estudo non é concluínte, posto que deben ser tidos en conta outros factores como a realidade económica e cultural. A pesar de todo, a polémica está servida, algo por outra parte habitual nun xénero mundialmente criticado pola falta de criterio artístico á hora da elaboración de letras e melodías, á par que polo vexatorio trato que recibe a muller en cancións e videoclips, de explícito contido sexual.
Aida González Vázquez, 2º B
Comentarios (3) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Supoño que o relatado nesta noticia non e#blgtk08#ra nada que non se soubera xa jajajajaja
Comentario por Señor Xe (16-12-2012 21:12)
2 E seica pode volver #blgtk08#parvo a un listo!!!
Comentario por Ramón (17-12-2012 22:04)
3 O reggaetón ben v#blgtk08#ale un oftamidón!
Comentario por Mr. Warriors of X'n (18-12-2012 23:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0