Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Jesús Vázquez valora acudir ao Supremo para intentar salvar o seu 'tocado' plurilingüismo
A Xunta activa o seu dereito de presentar recurso polos fallos e Queremos Galego critica que "menten dicindo que o TSXG lles dá a razón", mentres "recoñecen que non é así ao recorrer" ao TS. A Xunta de Galicia xa anunciou ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o pasado día 7, o seu dereito a recorrer as sentenzas sobre o decreto do plurilingüismo comunicadas dez días antes. O Executivo galego asegura que o recurso de casación "non se presentou" aínda e que se tratou dunha acción "preventiva" ante o vencemento do prazo e á espera de recibir o resto de fallos. O Executivo galego busca desmentir, así, a información emitida pola plataforma Queremos Galego, que nun comunicado asegura recibir unha notificación de que a Xunta xa presentou un recurso de casación contra a sentenza do TSXG, que anula parte de dous artigos do decreto do plurilingüismo. "Mentres o conselleiro e o presidente da Xunta menten dicindo que o TSXG les dá a razón, recoñecen que non é así ao recorrer ao Supremo, sinala o seu voceiro, Carlos Callón, nun comunicado, no que ironizou que Vázquez Abad acuda ao TS mentres se dedica a "presumir" de que o tribunal galego ratifica "a validez total" do decreto do plurilingüismo. Pola súa banda, fontes do departamento autonómico de Educación negaron a Europa Press que se producira tal acción, senón que se trata dunha medida preventiva ante o vencemento do prazo. "De modo preventivo, a Xunta, ante o vencemento de prazo o pasado día 7, anunciou ao TSXG o seu dereito a recorrer as sentenzas comunicadas dez días antes e á espera de recibir o resto dos fallos. Esta é a información que vén de recibir Queremos Galego, non a notificación de que estea presentado un recurso de casación, posto que non se presentou e posto que tal iniciativa aínda non depende da vontade da Xunta, senón da decisión que, ao respecto de admitila ou non, adopte ou Supremo", sinalan a Europa Press. Neste sentido "e para saberse se o TS admite ou non o anuncio da Xunta", aínda "ten que transcorrer un prazo legal". "Non hai pois presentación de recurso ningún", conclúe.

Isabel Fernández
2ºBach.B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0