Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ourensán 'Chisco' Fernández Naval novela en 'A noite branca' a participación galega na División Azul

O escritor natural de Ourense Francisco Fernández Naval presentou a súa última novela titulada 'A noite branca' como o proxecto literario máis importante da súa vida a pesar de que nunca se lle ocorreu que escribiría sobre unha guerra. "Todo cambiou cando atopei nunha caixa de marmeleiro a foto dunha muller que comezou a falar comigo cada noite, sentada na miña cama", sinalou.
O autor de novelas, poesía, literatura xuvenil, teatro e guións de televisión 'Chisco' Fernández Naval, acompañou a presentación con música de piano, presente tamén no libro, nun acto público no que interviñeron tamén os escritores Fran Alonso en representación da editorial Xerais, e José Luis García Mañá e o historiador especializado en emigración e participación galega na División Azul, José Manuel Núñez Seixas, en videoconferencia dende Alemaña.
Máis dun cento de persoas asistiron á presentación e entre elas varias presentes na novela de 400 páxinas, nas que un suposto escritor chamado Marcos intenta recuperar datos sobre un familiar seu que participou na División Azul e, para iso, recorre a familiares e amigos, varios deles aínda vivos e cos seus nomes reais como Eustaquio Puga, Fidel García, Alexandre Naveira, Manuel Outeiriño, David Cortón, Marisa Crespo ou Xullo Prada, entre outros.

FOTOS E CARTAS
'Chisco' explicou que nunha vivenda da súa familia apareceu unha caixa de marmeleiro na que se gardaban cartas enviadas dende Rusia por un familiar seu que se alistou na División Azul, organizada polos falanxistas para axudar ao exército de Hitler na fronte rusa.
"A miña nai identificou as cartas e ás persoas que saían nas fotos e un primo díxolle que mo dese todo a ver se eu facía unha novela diso", explicou.
Segundo manifestou o autor, nunca tivo intención de escribir nada relacionado con guerras, pero na caixa estaba a foto dunha muller, que agora é a portada da súa novela, e que un ano despois de ver todo o material, comezou a entrar na súa vida e cada noite falaba con el sentada no bordo da súa cama.
Cando decidiu indagar e escribir a súa novela, 'Chisco' realizou coa fotógrafa Maribel Longueira a viaxe que en 1941 emprenderon os 200 galegos da División Azul dende A Coruña ata a cidade de Novogorod, a última en Polonia antes de chegar á fronte ruso. VIAXE
"Así puiden explicar con naturalidade as condicións da viaxe e indagar no que foron atopando, como un grupo de xudeus que falaban perfectamente o español porque as súas familias eran emigrantes en Cuba e en Arxentina, e entre eles un recitou a Rosalía de Castro", recordou.
O resultado recollido en algo máis de 400 páxinas é "case todo ficción, pero todo é real", e de feito, segundo puntualizou o autor, todo o que lles vai acontecendo no camiño ata Rusia e narrado no libro, "aconteceu de verdade" e nos lugares e momentos sinalados, "pero non necesariamente pasoulles a eles", aclarou.

A DIVISION AZUL E GALICIA
Segundo o investigador Núñez Seixas, antes desta novela non había un achegamento tan completo ao tema da División Azul "e con tanta sensibilidade, tendo en conta tantas voces diferentes", agregou.
Polos datos recompilados polo autor da novela, en 1941 saíu cara a Rusia un primeiro envío de soldados alistados na División Azul dunhas 18.000 persoas, das que entre 1.000 e 1.200 eran de Galicia.
O historiador Julio Prada, tamén nomeado na novela, explicou a Europa Press que nese momento saíron de España 18 trens, pero a Rusia chegou un convoi de 138 vagóns con homes, cabalos e vehículos e entre os supostos voluntarios "a maioría eran falanxistas convencidos, pero tamén había moitos presos aos que se ofrecía redución de penas se se ían á fronte ruso, e ao final o continxente chegou a sumar uns 45.000 españois".


Tania Airas
2ºBach.B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-12-2012 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0