Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O temporal desborda rios e causa problemas de tráfico

O temporal de chuvia e vento que azoutou onte Galicia -bautizado como 'Nicki'- se deixou sentir na provincia, con efectos máis visibles no Ribeiro, debido ás fortes precipitacións caídas -ata 48 litros por metro cadrado en 12 horas en Remoíño (Arnoia)-, que desbordaron o río Avia ao seu paso por San Cristovo, A Quinza e na área recreativa da Veronza, na desembocadura do regato Maquiáns.
Segundo confirmaron fontes de Protección Civil, houbo que cortar o acceso a camiños e terreos particulares debido á enchente do río. A ponte que enlaza San Cristovo e A Quinza quedou cortado ao tránsito posiblemente ata hoxe.
A enchente do río tamén provocou estragos no mobiliario da área recreativa do Inquiao, en Arnoia, onde parte dunha ponte de madeira se caeu.
Pero o temporal non só estivo acompañado de intensas precipitacións senón de refachos de vento que derrubaron árbores en numerosos concellos da provincia. Na cidade, por exemplo, os bombeiros interviñeron para retirar dúas árbores caídas na Pista Vermella (o paseo paralelo á N-120) e outro en Cotoriño, ao tempo que tiveron que achicaron auga pola inundación da calzada enPardo de Cela polo atoamento dos sumidoiros.
A gran cantidade de auga caída obrigou a cortar o tráfico nun dos accesos do Barco á estrada N-120 pola mañá. Os vehículos de Protección Civil e da Policía Local obrigaron a buscar traxectos alternativos aos que circularon pola avenida Eulogio Fernándezdurante aproximadamente media hora. A precipitación colapsou as bombas que achican a auga no paso inferior da liña ferroviariaPalencia-A Coruña, provocando unha gran balsa de auga que provocou a interrupción do tráfico.
O forte vendaval, que nas inmediacións de Lardeira (Carballeda) alcanzou os 172 quilómetros por hora, tamén ocasionou cortes na subministración eléctric en Mones (Petín), tal e como sinalou o alcalde, Miguel Bautista Carballo. Á súa vez, no pobo de Soulecín (O Barco), a caída dun castañeiro provocou a rotura das conducións de auga e saneamento, así como da liña que subministra electricidade a unha parte da vila.

Marta Dacal
2ºBach.B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0