Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Todo era festa e todo o mundo bailaba, rematou a música?
Calquera diría fai dez anos que os xornais estarían, como estan adestora, ateigados a mancheas de circunstancias un tanto comprometedoras, incluso tería a ousadía de denominalas, vergoñentas.
Véxase pois a nova que atopábamos no día de onte nos nosos xornais,na que se informaba que os enfermos crónicos, que xa teñen bastante desgracia co seu, terán que pagar cinco euros polo seu traslado non urxente en ambulancia ó hospital. E tendo en conta, que moitos destes enfermos teñen unha patoloxía oncolóxica ou que precisan da hemodiálise, como facemos para dixerir esto?
Prantexáronse vostedes que vai a pasar, cos enfermos que non teñan recusos monetarios sufientes, para acudir ó médico?, consideraremos entón, a este honrado cidadán se non pode pagar, como un moroso, ou un defraudador..?, ou pasará a vivir na mendicidade, mentres miramos para outro lado...?

Tamén fai uns días que nos informan que os enfermos que precisen do implante dunha prótese, teran que abonar até un sesenta por cento do seu precio real, aínda que esto, ven a ser variábel en función da renda do usuario.
De xeito que un enfermo cunha renda menor a 18.000 euros anuais, veráse na obriga de aportar un corenta por cento, do útil protésico. Por se non se deron conta,nesta situación atópase un 77% da poboación galega en activo, e moitos non acadan nin de preto a ingresar os 18.000 euros nun ano.A estos súmanselle os pensionistas, que terán que ingresaren nos fondos sanitarios o10% do útil protésico, ou decidir se non, quedar eivado.Solo quedaran ceibes destes copagos, os receptores de pensións non contributivas e os parados que non reciban ningún pagamento de desemprego.

Vaian facendo números, xa que a min non me saen as contas. E como non ía ser doutro xeito, agora toca o retrouso desta copla?
O pobo verase na obriga de pagar un ?copago xudicial? por comezar calquera querela.
Esto xorde como un elemento disuasorio para que os cidadáns non querelen en exceso, según o señor Gallardón, opinión que non comparten nin os xuíces, nin os fiscais, nin os secretarios xudiciais.
Para compresibilidade de todos, poremos por caso un traballador despedido da súa empresa que perda o xuizo, terá que abonar 500 euros de taxa, máis os gastos do avogado e o procurador.Se quixese recurrir en segunda instancia, tería que engadir 1.200 euros máis. Ademais hai que aclarar, que estas cantidades de diñeiro nunha se recuperaran, xa que se pagan en conceptos de taxas.
Parece ser que ninguén está contento con esta nova lei, exceptuando os morosos profesionais, que teran por fin o modelo de país que eles sempre quixeron, no que de agora en adiante, tan so poderán denuncialos aqueles a quen lles sobren os cartos.

E xa eran poucos os versos desta copla,aínda por riba atopámonos, o tema cotiá da corrupción política.
España é un Estado de corruptos ou debería dicir presuntos corruptos, no que cada día se evapora máis e máis o estado do benestar, a costa dalgúns mal chamados políticos, que se adicaron, xa non so nos últimos anos senón toda a súa vida, a recadar diñeiro público.
E aínda por riba Galicia leva glorificando a contragusto a corrupción, o amiguismo, o clientelismo e o caciquismo, que carcomen os corpos administrativos do noso país e do resto do Estado.

Unha cousa esta clara, os que non ten a culpa é o pobo do común, que é traballador e honrado, pero aínda así, é a que sofre esta crise mundial, xerada por un grupo de persoas incompetentes que colaboran estreitamente, e que non teñen vergoña porén adícanse a corrompen un arte moi noble, que é a política.
O pobo debe recuperar o interese pola política de verdade, xa que non foi ela a que nos trouxo até aquí , senon o mal uso dela, pero si será ela, a que nos saque de aquí, a forza da palabra do pobo, rachará as barreiras desta coalición de corruptos afincados no poder.
Mentres o paro aumenta e a situación de miles de familias galegas é insostibel, os nosos políticos defenden o seu soldo vitalicio, esto lembrame a artigo que lín fai uns días sobre os soldos dos deputados do Congreso de España, onde se dicía a a maioría dos voceiros parlamentares ou membros da mesa ou comisión, superan os 15.000 euros mensuais, un soldo co que poderían vivir, preto de vinte familias galegas.

Mentres economistas e políticos enfróntanse en definir a crise como finaceira ou fiscal, eu creo que o que nos acontece, é froito dunha verdaira crise de valores, ou se prefiren de ausencia de valores, de honestidade, traballo, responsabilidade?
É verdade que todos escoitamos falar deles, pero poucas veces nos atopamos con eles.
O noso é o país dos irresponsabeis, onde ninguén asume as consecuencias dos seus actos.Primeiramente os políticos, e por outra parte o sector da cidadanía, que pensaba ser dona de dereitos e sen obrigas.
Todo era festa e todo o mundo bailaba, agora rematou a música e?

Se me permitides unha postremeira opinión, xa está ben de non ?facer nada?, de acusacións retrospectivas, de tanta depresión colectiva, de recortar ós demais e a min que ninguén me toque, de enganar ó cidadán.
Recuperemos o sentido da responsabilidade, cada un no seu redor, comezando polos máis novos, e rematando polos que dirixen o barco.

Non permitamos que os nosos soños se vexan truncados xerando un vacío no noso interior, por culpa das malas obras de persoas vacias e insatisfeitas con metas confundidas, perseguindo anceios equívocos e efémeros.
Non poñamos os nosos soños, en mans dos que os poidan destruir.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0