Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rock & Roll contra Sandy.
O día 12 deste mes de decembro, cerca de 2000 millóns de almas puideron disfrutar (a través da rede e da televisión) do concerto benéfico dado en New York por moitas das cabezas pensantes da música da segunda metade do século XX e os inicios do XXI, aínda que tamén actuaron celebridades de outros medios, como o actor e cómico Adam Sandler.
Celebrado no Madison Square Garden (famoso estadio do clube de baloncesto New York Knicks), o espectáculo serviu para doar fondos ás víctimas do furacán "Sandy", que afectou a toda América do Norte no mes de outubro.
O evento comezou coas emotivas palabras de Bruce Springsteen, nado na maltratada New Jersey, seguidas de dúas cancións do propio Springsteen, que despois cantaría a dueto co tamén nado en New Jersey, Jon Bon Jovi, a canción "Born To Run", propia de Bruce. Tempo despois, tocoulle a quenda a Bon Jovi, que interpretou o seu famoso tema "Livin' On A Prayer".
Máis sorpresas chegaron ao longo da noite cando se presentou Paul McCartney facendo as veces de Kurt Cobain como líder de Nirvana, xunto aos integrantes orixinais, Dave Grohl (batería) e Krist Novoselic. McCartney, aos seus 70 anos, faille a competencia ao seu compatriota Mick Jagger, xa que son os dous "da mesma quinta", este último tamén actuou, como líder dos Rolling Stones, evidentemente.
Outra das sorpresas foi a colaboración entre Chris Martin, vocalista, guitarrista, compositor e líder da banda británica Coldplay, e Michael Stipe, vocalista e líder dos estadounidenses R.E.M., que tocaron e cantaron a mítica canción "Losing My Religion", destes últimos.
Tamén estiveron presentes Eric Clapton, un dos homes máis importantes da historia do rock, do blues e da guitarra eléctrica, e The Who, o afamado grupo británico de finais dos sesenta e pincipios dos setenta, do cal o seu vocalista Roger Daltrey cantou a camisa descuberta como se se tratase dun dos seus vellos "shows".
Este evento demóstranos dúas cousas, que un bo concerto pode cambiar todo o mundo, e, que, os vellos rockeiros, nunca morren.
Rock & Roll contra Sandy.

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0