Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Congreso constituínte de CxG , a vontade de facer renacer o galeguismo.
O herdeiro do Partido Galeguista e de Coalición Galega, Compromiso por Galicia CxG, celebrará este domingo, día 16 de decembro, o seu congreso constituínte con Xoán Bascuas como candidato á secretaría xeral e "coa vocación" de ser unha forza política "claramente orientada" a Galicia e á cidadanía galega.
Dentro deste partido de ideoloxía progresista centrista e galeguista, confluirán Máis Galiza +G de ideoloxía socialdemócrata, e Acción Galega AG de ideoloxía liberal, dentro deste último grupo converxerán a súa vez, grupos de centro dereita, como o Partido Nacionalista Galego PNG, o Partido Galeguista PG, o Partido Galeguista Demócrata PGD, Coalición Galega CG e conta ademais con sectores independentes do BNG e do PPdeG.
Baixo o lema 'Proxecto de país', a formación escollerá ó seu consello Político Nacional en listas abertas, que estará composto entre 20 e 30 persoas. Posteriormente procederase a escolla da Executiva, e do secretario xeral, posto para o cal só se presentou o que foi candidato a Presidencia de Xunta, nos pasados comicios autonómicos, Xoán Bascuas.
Diso informou o candidato nunha rolda de prensa celebrada este venres, na que avanzou que na xornada que terá lugar o domingo no Hotel Congreso, analizarase a definición ideolóxica proposta. A cal sitúa a CxG, no terreo do galeguismo e do progresismo, que vai dende o liberalismo á socialdemocracia, ocupando o espacio moderado e centrista, que non ocupaba ningún partido dende o auxe do Partido Galeguista e de Coalición Galega.
"Esiximos un maior nivel de democracia e facémolo tamén coa exemplaridade, pois se nós reclamamos máis democracia para a sociedade galega, empezamos por levala a cabo nós, como é o caso das listas abertas para a elaboración do consello Político Nacional," indicou Bascuas.
"Queremos ser propositivos, construtivos e dialogantes, pois solo a partir desas premisas se pode construír algo que necesita este país, e que é unha forza política de goberno", asegurou antes de considerar que "quen utiliza permanentemente mecánicas e discursos de oposición, só pode ser oposición".
Neste sentido, sinalou que CxG "quere ofertar á cidadanía unha verdadeira alternativa ós partidos convencionais " para o que, ó seu xuízo, "é necesario actuar e pensar coa vocación de ser unha forza de goberno" e invitou a todas as persoas de "sentir e pensar galeguista" a participar na formación.
Por último, indicou que "será a militancia" a que determine o "camiño a seguir" nas próximas citas electorais, as europeas e as municipais. Sobre esta última, destacou que "as papeletas de CxG debe estar presente", xa que esta forza conta con bastantes concelleiros, e algún alcalde en Galicia.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Compromiso por Galicia TV.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-12-2012 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0