Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre un dos inventores do código de barras

Joseph Woodland, un dos creadores do código de barras, que transformou o mundo das empresas de distribución, faleceu este mércores en Nova Jersey aos 91 anos, segundo informa hoxe o diario The New York Times na súa páxina web.

Woodland, un enxeñeiro mecánico, desenvolveu xunto cun compañeiro de clase, Bernard Silver, o famoso sistema de liñas estreita e anchas que codifica información que debe ser interpretada por un lector óptico.

O sistema, desenvolvido a finais dos anos 40, foi patentado en 1952 e revolucionou desde os anos 70 a forma en que as compañías almacenan e distribúen produtos.

O diario recorda que Woodland estudaba para obter un máster na universidade na que se graduara en 1947 (o Instituto Tecnolóxico Drexler, en Filadelfia) cando o dono duns grandes almacéns acudiu en 1948 ao decano do centro para pedirlle que desenvolvese un sistema de codificar datos de produtos.

Aínda que o decano rexeitou a idea, Silver oíu a conversación e convenceu a Woodland para traballar no concepto.

Woodland, quen aprendera o código Morse sendo neno cando formaba parte dos «boy scouts», acabou por idear un sistema que cambiaba os puntos e liñas do Morse por raias de diferentes grosores.

En 1952 patentaron a idea e logo vendérona a Philco por 15.000 dólares, pero o invento non puido aplicarse na práctica xa que requiría un escáner cunha enorme lámpada de 500 watts de potencia. Houbo que esperar ao desenvolvemento da tecnoloxía de lectura óptica por raio láser e os microprocesadores.

Woodland pasou a traballar no xigante tecnolóxico IBM, onde un dos seus colegas acabou desenvolvendo a comezos dos anos 70 o cadrado branco con liñas negras que terminou sendo adoptado como o estándar da distribución en 1973.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2012 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0