Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Medramos, mais o rural esmorece.
Os municipios que máis poboación perderon en cifras absolutas son Cádiz, que perde 9.349 habitantes, Ferrol (A Coruña), que perde 6.260 e Mieres, no Principado de Asturias (perde 5.294).

Máis da metade dos municipios españois, 4.145, perderon poboación nos últimos dez anos, redución que rexistraron especialmente os de menos de 2.000 habitantes, mentres que aumentaron os residentes en poboacións medianas, de entre 50.000 e 100.000 habitantes.

Estes datos inclúense no Censo de poboación elaborado polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que reflicte un aumento do 14,6 % desde 2001 do total de cidadáns censados, o que supón o maior incremento da historia.

Os 2.000 municipios máis pequenos de España -unha cuarta parte do total- apenas acumulan 183.000 persoas (un 0,4 por cento da poboación), cunha diminución superior ao 9 por cento na década. En dez anos, en España hai 8 municipios máis (8.116 fronte a 8.108). En global, a poboación aumentou en 6 millóns de habitantes, ao pasar de 40.847.371 en 2001 aos 46.815.916 en 2011.

CUESTIÓN DE TAMAÑO
Nos municipios de menos de 101 habitantes, incrementouse un 12,9 % a poboación, nos de entre 101 e 500 habitantes caeu un 5,6%, dato similar ao 5,3 por cento que se reduciu nos de entre 501 e 2.000 habitantes, e subiu un 0,2 % nos que oscilan entre os 2.001 e os 5.000.

Poboan os municipios de entre 5.001 e 10.000 habitantes un 10,9 % máis de cidadáns, un 9,8 % crecen no caso dos de entre 10.001 e 20.000, e un 27,1 % nas poboacións de entre 20.001 e 50.000 habitantes. En dez anos, hai 9 cidades máis (82 en lugar de 63) de entre 50.001 e 100.000 habitantes, nas que a poboación subiu un 38,4 %, ao pasar de 4.231.284 habitantes en 2001 a 5.857.902 en 2011.

O municipio que máis creceu en termos relativos desde o censo de 2001 é Yebes (Guadalaxara) que multiplicou por dez a súa poboación, pasando de 203 habitantes en 2011 a 2.099 na actualidade. Dos dez municipios que máis creceron en termos relativos, catro atópanse na provincia de Guadalaxara.

Ademais, o INE informou de que Cuarte de Huerva (Zaragoza) e Egüés (Navarra) son os municipios con máis de 10.000 habitantes que máis creceron en termos relativos desde o Censo 2001 con incrementos superiores ao 400 % en ambos os casos.

En termos absolutos, os municipios que máis creceron en dez anos son Madrid (259.922 habitantes máis), Barcelona (107.129 máis) e Palma de Mallorca (68.243 máis). No lado contrario, o que máis poboación perdeu en porcentaxe é Villablino (León) que viu diminuído o seu número de habitantes nun 18 %.

Entre os dez municipios superiores a 10.000 habitantes que máis poboación perderon desde o Censo 2001, sete atópanse en Asturias, segundo esa enquisa.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2012 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0