Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Falece o músico indio Ravi Shankar, pai de Norah Jones

O músico indio Ravi Shankar faleceu o 12 de Decembro deste ano no condado de San Diego, no sur de California, aos 92 anos segundo confirmou nun comunicado conxunto a fundación que leva o seu nome e o seu selo discográfico East Meets West Music.

Shankar, pai da cantante Norah Jones, padecía desde o último ano problemas respiratorios e cardíacos, unha condición que o levou a someterse o pasado xoves a unha intervención cirúrxica para substituír unha válvula cardíaca."Aínda que a operación foi exitosa, a recuperación resultou demasiado difícil para o músico de 92 anos", segundo a nota de prensa.

O artista tiña o seu domicilio no sur de California aínda que mantiña tamén residencias na India.

O músico estaba casado con Sukanya Rajan e tiña 2 fillas, Norah Jones e Anoushka Shankar Wright, 3 netos e catro bisnetos.

"Desafortunadamente a pesar dos esforzos dos cirurxiáns e doutores que o coidaron, o seu corpo non foi capaz de soportar o esforzo da operación. Estivemos ao seu lado cando morreu", declararon a muller e a súa filla Anoushka."Sabemos que todos sentides a súa perda connosco e agradecemos as vosas oracións e bos desexos durante este momento tan difícil. Aínda que é un tempo triste é tamén o tempo para agradecer que puidemos telo como parte das nosas vidas. O seu espírito e o seu legado vivirá para sempre nos nosos corazóns e a súa música", afirmaron.

A familia aínda non anunciou os plans para cerimonias póstumas e solicitou que todas as flores e doazóns fosen realizadas á Fundación Ravi Shankar e a través da páxina web JustGive.org.
A pesar das súas doenzas Ravi Shankar continuou actuando durante os pasados meses e realizou o seu último concerto o 4 de novembro en Long Beach, no condado dos Ánxeles, xunto con Anoushka Shankar.O evento serviu como celebración das súas case 10 décadas de creación musical.

O seu disco The Living Room Sessions, Part 1 foi nomeado para a próxima edición dos premios Grammy a semana pasada e o músico soubo da noticia antes da súa operación.

Ravi Shankar naceu en Varanai (Utar Pradesh, India), o 7 de abril de 1920.
O seu pai V. Lakshinarayana foi un dos mestres do violín no seu país o que contribuíu a que Shankar se iniciase na aprendizaxe dese instrumento cando tiña 5 anos.
Unha década despois deixou a India para viaxar a París coa compañía de baile do seu irmán Uday.
En 1936 comezou estudos de sitar, instrumento tradicional indio, baixo a dirección de Ustad Allauddin Khan e pouco despois comezou a facer xiras por Europa e EE.UU.
Alcanzou a fama en occidente grazas á súa amizade co beatle George Harrison do que foi profesor tras coñecelo en 1966. Ao ano seguinte realizou o seu primeiro dúo co violinista Yehudi Menuhin, co que posteriormente colaborou en numerosas ocasións.
En 1969 viaxou a Estados Unidos coa intención de profundar na música de occidente e, ao tempo, popularizar a música hindú. En 1971, e a petición da London Symphony compuxo un concerto que se estreou no Royal Festival Hall londiniense.
En 1976 comezou a súa colaboración co guitarrista John McLaughlin, co que fundou o grupo Shakti, traballou na One Truth Band e gravou o álbum Touch me there, baixo a dirección de Frank Zappa.
A actividade musical de Ravi Shankar foi intensa, destacando ademais de como instrumentista como compositor. É autor de dous concertos para sitar e orquestra, ademais de músicas para ballet e bandas sonoras para películas. Así mesmo, protagonizou a película Raga, centrada na súa vida e en 1978 publicou o libro autobiográfico My life, my music.
Entre 1986 e 1992, Shantar foi membro nomeado na Cámara Alta do Parlamento da India.
O seu primeiro matrimonio coa filla do músico Ustad Allauddin Khan, Annapurna, terminou en divorcio en 1982 tras anos de separación nos que mantivo relacións sentimentais con Kamala Chakravarty e Sue Jones, nai da que sería a súa filla Norah Jones.
Finalmente casou en 1989 con Sukanya Rajan con quen viviu desde entón entre San Diego e Nova Deli.
En 1992 o seu fillo Shubho, tamén sitarista faleceu repentinamente con 50 anos.

Beatriz Molina, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-12-2012 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0