Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Chama a Ignacio González e dille: 'A miña saúde non se vende'
"Dillo por teléfono, por correo electrónico ou por Twitter: A miña saúde non se vende". Baixo este lema, a Plataforma cidadá contra a privatización do hospital e os centros de saúde de Parla lanzou unha particular campaña para instar os madrileños a pedir ao presidente da Comunidade, Ignacio González, que non desmantele o sistema sanitario público.

O obxectivo é conseguir facer reaccionar o xefe do Executivo rexional para que retire o Plan de Garantías de Sostibilidade da Sanidade Pública -que inclúe a "externalización" de servizos en seis hospitais e en 27 centros de atención primaria da comunidade- a través da saturación das súas liñas, o próximo luns 10 de decembro. Para iso, a plataforma difunde os números da secretaría do presidente, do seu xefe de gabinete e do propio gabinete (91 580 15 93, 91 580 98 34 e 91 580 20 17, respectivamente), así como o correo eléctronico (reclamaciones@salud.madrid.org) e as correspondentes contas de Twitter: @igonzalezPP, @ComunidadMadrid e @ppmadrid.

A mensaxe a deixar? "Pide que dean marcha atrás á privatización dos centros de saúde e o hospital de Parla, e de todos os centros de saúde e hospitais madrileños", explica o folleto da campaña. "Usa o hashtag #amiñasaúdeNONSEVENDE e se ademais dun tweet, chamas por teléfono podes poñer mensaxes co hashtag #euxachamei", incita a plataforma, que ademais, promove a boa educación por riba de todo: "Despídete cordialmente", solicita.

Así mesmo, nunha "carta aos veciños e veciñas" non só de Parla, senón do resto da comunidade, a Plataforma explica os motivos que a levan a emprender esta campaña como a súa "primeira acción de protesta". "Decenas de organismos e institucións do mundo sanitario levan semanas alertando da deterioración que supón para a sanidade pública o proceso de privatización iniciado polo actual presidente da Comunidade de Madrid", argumentan.


"Asegurar, como fai o Goberno rexional, que co mesmo diñeiro que agora se dedica a sanidade hai empresas capaces de seguir prestando o servizo e ademais obter beneficios, ou é falso e a sanidade custaranos máis cara, ou é o recoñecemento da incapacidade de Ignacio González para xestionar a nosa sanidade pública", continúan.

Por todo iso, o colectivo pide axuda para solicitar o máximo de apoios posibles na súa campaña "A saúde non se vende". "Súmate, fai que te oian. Mañana pode ser demasiado tarde", advirten. As medidas do goberno comezaron por Madrid, pero pode que en non moito tempo cheguen ata nós.


Alba Salgado Parente, 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-12-2012 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0