Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os químicos galegos esixen un gran pacto para frear a fuga de cerebros


































O Colexio de Químicos de Galicia aprema a "pór freo" á exportación de capital humano cualificado cara ao exterior, con decisións eficaces tendentes a evitar que outros países sexan os que se beneficien do investimento público realizado a través das universidades galegas.
Antonio Macho, que preside este órgano, cifrou a contía en 100.000 euros por cada titulado nunha carreira técnico-científica e tachou de realmente "importante" esta cantidade, en declaracións a Efe, polo que urxe solucións a esta situación, "consistentes en buscar unha saída a través dun gran pacto".
Os químicos apuntan á Administración, encargada de deseñar as políticas educativas e económicas que deben facilitar a incorporación dos mozos recentemente formados ao mercado laboral, e tamén á empresa, clave na xeración de emprego cualificado capaz de satisfacer os requirimentos dos seus clientes.
Hai informes que recordan que en torno ao 50% dos mozos galegos, na súa maioría titulados universitarios, non ten opción de incorporarse ao mercado laboral a curto ou medio prazo.
Outro dato "desalentador" que achega é que o 50% dos parados galegos xa está catalogado como de longa duración e, ante este escenario, "unha das poucas saídas" para os mozos de Galicia resulta ser a emigración.
Segundo os datos máis recentes do INE, afirma, durante o último ano abandonaron Galicia cada mes máis de 2.100 persoas de entre 20 e 34 anos.


Sara Álvarez González

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-12-2012 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0