Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Observada a explosión máis grande nun buraco negro
Un equipo internacional de astrónomos descubriu un cuásar, un centro galáctico extremadamente brillante activado por buracos negros supermasivos, que posúe a emisión máis enerxética observada ata o momento, polo menos cinco veces máis potente que as rexistradas ata agora.

Esta é a principal conclusión dun estudo publicado na revista científica The Astrophysical Journal, para o que os investigadores utilizaron o telescopio VLT (Very Large Telescope) do Observatorio Europeo Austral (ESO). Os cuásares son intensos centros luminosos de galaxias distantes alimentados por enormes buracos negros (nos seus núcleos conteñen eses buracos negros aos que cae moito material estelar).
Os buracos negros destacan por atraer material e moitos cuásares aceleran parte do material que os rodea e o exectan a grandes velocidades.
"Descubrimos a exección de cuásar máis enerxética coñecida ata o momento", afirmou o investigador principal do equipo, Nahum Arav (Virginia Tech, EEUU).
A velocidade á que é expulsada esta enerxía pola enorme masa de material exectado desde SDSS J1106+1939 é, polo menos, equivalente a dous millóns de millóns de veces a potencia que emana do Sol, segundo este científico. Á súa vez, "implica que é cen veces máis potente que a produción enerxética total da nosa galaxia, a Vía Láctea; é unha exección verdadeiramente monstruosa", constatou Arav.
Segundo este astrónomo, "é a primeira vez que a exección dun cuásar foi medida co fin de obter a clase de moi altas enerxías que predín as teorías".
Numerosas simulacións teóricas suxiren que o impacto destas execcións nas galaxias da contorna pode resolver varios enigmas da cosmoloxía moderna, incluíndo como a masa dunha galaxia está asociada á masa do seu buraco negro central e por que hai tan poucas galaxias grandes no universo.



Sara Álvarez González 2º A

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-12-2012 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0